Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

É residente

Residentes son aqueles cans que se atopan no Centro, xa pasaron por todos os controis veterinarios e de aptitude por parte do equipo que dirixe as instalacións e, cando pase o tempo de espera para ser reclamado polo seu dono, segundo indica a lei 1/1993 e o decreto 153/1998, poderán ser adoptados.

Mostrando 469-478 de 478
Mostrar:  

07/07/2017

 

Clarisa foi recollida en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles custou bastante adaptarse ao Refuxio.
Segue sendo bastante arisca, pero gústalle a xente e sobre todo que lle dean lambonadas.

26/02/2017

Atopado en rúa do Torno xunto cunha cadela. Moi dóciles e amigables.        

08/02/2016

Recollida en Teo, Prieta chegou ao Refuxio con moitísimo medo e, aínda que a primeiras soe ser desconfiada e medosa, así que empeza a coñecer e confiar na xente, é moi agarimosa, tranquila e obediente. Entregarase con contrato de adopción, chip, desparasitada, vacinada e esterilizada.      

22/10/2015

Pitucho chegou ao Refuxio cando era un cachorro e, anos máis tarde, segue con nós. É un can moi activo e nervioso que necesita bastante actividade, polo que se che gusta camiñar ou ir de ruta, pode que sexa un can para ti. É moi cariñoso e boíño, pero que vai precisar paciencia no seu periodo de adaptación.Entregarase con contrato de adopción, chip, vacinado, desparasitado e esterilizado. Precisa licencia PPP.  

 

01/09/2015

Robin chegou ao Refuxio no 2015 sendo un cachorriño de poucos meses (tras ser rescatado do motor dun coche en Santiago de Compostela), e actualmente é o gato que máis tempo leva con nós. Segue sendo un gato bastante tímido, pero agardamos que  a pesar diso a súa sorte cambie e atope un fogar. Está acostumado a convivir con máis gatos.

25/10/2014

Atopada preto das Cancelas (Santiago de Compostela), Lunerata chegou ao Refuxio a finais do 2014 e aquí segue, á espera de que alguén se fixe nela. É unha cadela enérxica, activa e dinámica á par que sociable e agarimosa. Encántalle xogar e correr.          

14/07/2011

Recollida xunto á súa irmá  Mira na autovía Brión-Bertamiráns.
Lira e Mira levan demasiado tempo no Refuxio e están desexando atopar un fogar definitivo.
Chegaron a Bando sendo unhas cachorriñas e dende aquela ninguén se interesou por elas a pesar de ser unhas cadelas agarimosas e moi activas, ás que lles encanta xogar. Saben pasear perfectamente con correa. Mira e Lira son inseparables, polo que nos gustaría que a súa adopción fose conxunta.
 

14/07/2011

Recollida xunto á súa irmá  Lira na autovía Brión-Bertamiráns.

Lira e Mira levan demasiado tempo no Refuxio e están desexando atopar un fogar definitivo.
Chegaron a Bando sendo unhas cachorriñas e dende aquela ninguén se interesou por elas a pesar de ser unhas cadelas agarimosas e moi activas, ás que lles encanta xogar. Sabe pasear perfectamente con correa. Mira e Lira son inseparables, polo que nos gustaría que a súa adopción fose conxunta.
 

 

Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña