Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Falecidoa

Mostrando 361-372 de 423
Mostrar:  

10/10/2018

Atopada no Hotel de San Lazaro, dentro da cociña. Chega moi sucia e cunha ferida na patiña. Desconfiada e rueira de apenas 2 meses. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

01/10/2018

Villablina foi recollida na zona de Luou (Teo) xunto á súa irmá Ribadesella, moi parasitada. É unha gatiña tranquila e algo tímida, pero moi boíña e cariñosa.        

13/09/2018

Joyel é un de tantos gatiños que chegaron de cachorros ao longo do verán do 2018. Moitos foron marchando adoptados pero algúns outros, os menos afortunados e menos sociables, foron quedando sen que ninguén se fixase neles Cando chegou era bastante medroso e esquivo, de aí que ninguén se interesase nel xa que sempre había algún máis extrovertido que se facía ver. Agora, segue a ser algo reservado pero é sociable, curioso, lévase ben con outros gatos e é bastante lambón. Alguén se anima a darlle unha oportunidade? El tamén merece un fogar.      

21/08/2018

Atopado na Cruz de San Pedro, moi submiso e boíño, parece escapado dunha casa polo seu bo carácter. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

07/08/2018

Atopado con 436-18 Filipa, na mesma camada en Meixonfrio. Son rueiras pero son moi boas. Suben polo Servicio de Recollida Animal.

04/08/2018

Rabiot foi recollido na zona da Peregrina (Santiago de Compostela), con apenas dous meses de vida e cunha fractura aberta nunha patiña traseira.  Agora xa está totalmente recuperado e listo para irse a un fogar definitivo. É moi simpático, cariñoso e xoguetón, e está acostumado a convivir con máis gatos.                

31/07/2018

Kaily foi recollida en Conxo xunto con outras catro cadelas no verán do 2018. Todas elas eran bastante medrosas e Kaily segue a ser algo reservada aínda, pero iso non lle impide gozar dos paseos xunto cos seus compis de canil. Pensamos que pode chegar a ser unha cadela moi agarimosa con algo de tempo, porque ela vaise achegando timidamente á xente. É moi boa e lévase estupendamente con outros cans e cadelas.    

31/07/2018

Kily foi recollida xunto con outras catro cadelas no verán do 2018. Ela era a máis sociable de todas e así o segue sendo. É unha cadela moi activa e nerviosa, e tamén algo pesada con outros cans. Encántalle correr, pasear e é moi agarimosa coa xente. Ten unha alerxia alimentaria, polo que precisa tomar penso especial. O ideal sería que fose a única cadela da familia, ainda que non tería problemas en convivir con outro can tranquilo.      

24/07/2018

  Recollida na nave Coremain da Costa Vella (Santiago de Compostela) polo Servizo de Recollida Animal. Chegou moi asustada e cunha fractura no rabiño, que houbo que amputar. Agora parece un coelliño É boíña pero segue a ser bastante esquiva e desconfiada, pero agardamos que pouco a pouco vaia collendo confianza. Lévase ben con outros gatos.      
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña