Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Falecidoa

Mostrando 373-384 de 423
Mostrar:  

15/07/2018

Tortelini foi recollido o pasado verán xunto aos seus irmáns Ravioli e Spaguetti na rúa das Hortas (Santiago de Compostela), delgadiños e con problemas de pel. Agora xa está totalmente recuperado e aínda que é moi boíño,  segue a ser bastante medroso e asustadizo. Precisa unha familia con algo de paciencia á que non lle importe ir gañando a súa confianza pouco a pouco. Lévase ben con outros gatos.    

08/07/2018

  Oliveria foi recollida por Protección Civil no concello de Teo, seguramente atropelada. Chegou moi feble e con problemas de sensibilidade nas patiñas traseiras, pero pouco a pouco foi recuperando. Xa está lista para irse a un fogar definitivo, pero segue a ser unha gatiña bastante desconfiada e independente. Lévase ben con outros gatos.        

04/07/2018

Rocky leva xa case dous anos con nós. Cando chegou era un can bastante enérxico e activo, e gústaballe ser o xefe do canil, porén, o seu carácter mudou despois dun tempo e agora é un can bastante tranquilo, que non busca problemas e que se leva ben con outros cans e cadelas.

25/06/2018

É boa, algo nerviosa pero moi cariñosa. Ten arredor de oito anos pero segue sendo unha cadela con moita vitalidade.

22/06/2018

    Atopada nunha leira de Cacheiras (Teo). É unha gatiña moi boa, simpática, ronroneadora, xoguetona, amorosa e que se leva ben con outros gatos.  

20/04/2018

Atopada en Vedra coa cadera rota, Cinderela é un dos nosos casos especiais xa que ten insuficiencia renal. De momento mantense estable e fai vida completamente normal, só tería que tomar unha dieta especial para gatos con esa enfermidade. É moi sociable e encántalle a xente, pero é bastante rosmona, e  non se leva ben con outros gatos. Alguén se anima a ofrecerlle un fogar?                  

15/04/2018

É un dos fillos de Clarisa. A diferenza dos seus irmáns que xa foron atopando fogares, nel ninguén se fixou aínda pero agardamos que a súa sorte cambie en breve. É un gatiño moi bo, cariñoso, xoguetón e que se leva ben con outros gatos.

03/04/2018

Recollido na zona de Cacheiras (Teo), bastante delgado e co pelo descoidado, Axel é un can moi intelixente, pero tamén moi inquiedo e activo. Coa xente é boíño aínda que non especialmente cariñoso, pero con outros cans (tanto machos como femias) non se leva ben polo que precisaría un fogar onde sexa fillo único, no que non haxa máis animais.  

02/03/2018

Recollido en Santiago de Compostela. Moi boíño e tranquilo, é algo tímido se non coñece e non lle gusta que o collan no colo, pero encántanlle os mecos e que lle acaricien a cabeza. É positivo a inmunodeficiencia felina, pero is non lle impide facer vida totalmente normal. Lévase ben con outros gatos.   
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña