Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

É residente

Residentes son aqueles cans que se atopan no Centro, xa pasaron por todos os controis veterinarios e de aptitude por parte do equipo que dirixe as instalacións e, cando pase o tempo de espera para ser reclamado polo seu dono, segundo indica a lei 1/1993 e o decreto 153/1998, poderán ser adoptados.

Mostrando 457-468 de 478
Mostrar:  

18/12/2018

Recollida no concello de Teo no 2018, Pitusa segue a ser unha gata medrosa pero boíña. É tranquila, gústalle a xente e lévase ben con outros gatos. Nun fogar pensamos que melloraría moito máis, só precisa que alguén lle dea unha oportunidade.    

15/11/2018

Recollido no concello de Touro, Tauro  segue a ter carácter de cachorro É un can moi activo e alegre.

23/07/2018

Eggy segue a buscar un fogarChegou ao Refuxio no verán do 2018 sendo un cachorriño e bastante delicado de saúde. Custoulle bastante saír adiante pero é todo un loitador e aquí segue, á espera de atopar un fogar definitivo. É un gatiño algo reservado, pero boíño e xoguetón e cada vez está máis cambiado. Non é xusto que teña que seguir medrando no Refuxio. Alguén se anima a darlle unha oportunidade?    

20/06/2018

Toxiña foi atopada no motor dun coche en Santiago de Compostela cando aínda era un bebé. E diso fai xa case tres anos ???? En todo este tempo, ninguén preguntou por ela.
Como tantos outros gatiños, ó chegar nunha época de moitos bebés, ó ser máis asustadiza e medrosa, foi pasando desapercibida para todos os adoptantes. Porén, e aínda que segue a ser algo medrosa, é moi curiosa e sempre está a observar todo o que pasa, atenta desde á súa esquina, da que se move sempre que haxa comida por medio ????Déixase manipular perfectamente e nestes últimos meses mellorou moito dos seus medos, así que estamos seguros de que sería moi feliz nun fogar, no que melloraría moito máis rápido. Lévase moi ben co seu compañeiro de gateira Raspas, aínda que non ten ningún problema co resto de gatos. De feito pensamos que sería mellor que houbese outro gato no seu futuro fogar para que ela se abrise máis rápido ???? Agora que moitos dos seus compañeiros atoparon un fogar, ela tamén merece unha oportunidade.
 
 

    

02/05/2018

Gloria foi recollida na zona de Vistalegre (Santiago de Compostela), moi delgada, con problemas de pel e síntomas de intoxicación. Agora xa está máis que recuperada e non parece nin a mesma gata :) É boíña e tranquila,  pero tamén algo tímida e independiente, polo que precisaría un fogar que xa teña experiencia con gatos ou algo de paciencia para gañarse a súa confianza. Lévase moi ben con outros gatos.             

29/04/2018

Bruce leva con nós desde o 2018, tras ser recollido en Santiago de Compostela.
É un can moi intelixente, obediente e pachorrento. Non é especialmente cariñoso a non ser que haxa algunha lambonada por medio, pero si é boíño. Con outros cans non se leva ben, a excepción da cadeliña coa que comparte canil no Refuxio, polo que precisaría unha casa para vivir el só, sen máis animais.
 

11/04/2018

Treboada chegou ao Refuxio xunto con Rayita e Relampaguín. É unha cadela activa e independente, mais tamén pide a súa ración de mecos de vez en cando. Non é apta para convivir con gatos nin con outras femias territoriais ou moi activas.

03/03/2018

Recollida en Santiago de Compostela. É unha gata tranquila e tímida. Adaptaríase perfectamente a vivir nun fogar e lévase ben con outros gatos, só precisa que alguén se fixe nela e lle dea unha oportunidade.  

03/02/2018

Atopada en Concheiros (Santiago de Compostela). É unha cadela algo desconfiada e asustadiza cando non coñece, pero que pronto colle confianza. É moi intelixente e rapidamente aprende calquera truco que lle ensinen os voluntarios. Non se leva moi ben con outras femias e con machos cústalle algo presentarse, pero logo non soe ter problema. Non é especialmente cariñosa, pero coa xente que coñece achégase a pedir mecos ou larpeiradas. Precisa unha familia que saiba ver máis alá das súas inseguridades, que lle saiba transmitir tranquilidade e que estea disposta a aprender con ela.  

 

16/01/2018

Argos é un dos nosos canciños máis especiais. Chegou no 2018 con moitísimo medo e aínda segue a telo. Non lle gusta achegarse á xente, porén, sabemos que é un can bo e cun gran corazón, xa que a pesares deste medo nunca tivo ningún mal xesto con ningunha persoa. Cando toca paseo, o seu pasatempo favorito é correr dun lugar a outro coma unha frecha, sen que te dea case tempo a velo. É moi activo e enérxico e precisa unha familia que o saiba entender e que lle dea a confianza que precisa para volver confiar na xente.    

 

25/09/2017

É unha cadela que vivía no monte dende facía tempo cos seus cachorros. É a nai de Corchea, felizmente adoptada xa. Nota segue a ser bastante medrosa e desconfiada.  

11/09/2017

Dober é un can que chama a atención polo seu porte e a preciosa cor do seu pelo.Porén, nunca ninguén preguntou por el, a pesar de ter sido tamén un dos nosos protagonistas do calendario 2019. Cando chegou era un can extremadamente medroso ao que non lle gustaba nada a presencia da xente, pero pouco a pouco foi confiando na xente e aínda que queda algo de traballo por diante, xa goza da compañía e dos paseos. É un can moi xoguetón e activo, e lévase ben con outros cans.   

 
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña