Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

PRECISAMOS CASAS DE ACOLLIDA

08 de mayo de 2026  |  Categoría/s: Avisos, Solidaridade  |  Etiqueta/s:

Buscamos casas de acollida en previsión da chegada de camadas de gatiños sen nai ao Refuxio de Bando. Estes cachorros, precisan atención para darlles biberón ou para atendelos mentres sexan pequenos para estar no Refuxio. Se queres colaborar, axudándoos e axudando ao Refuxio a coidalos, ponte en contacto no mail refuxio@refuxio.gal indicando o teu teléfono de contacto e a túa dispoñibilidade (inmediata, nunhas semanas, etc.).

Condicións para ser casa de acollida:

- Ser de Santiago ou da contorna xa que os gatiños pequenos poden precisar atención inmediata e, nun principio, serán atendidos no Refuxio (excepto situacións excepcionais que requiran outra asistencia).

- Dispoñer dun medio de transporte que che permita trasladalos ao refuxio para as revisións e con axilidade en caso de necesidade urxente dos animais. 

Lembra que o noso horario é de mañá e será cando fagamos as revisións polo que a dispoñibilidade de horario de mañá tamén é moi importante.

Dende o Refuxio encargámonos da comida, da atención veterinaria e do material que se precise para o seu coidado. 

Moitas grazas pola túa colaboración!



Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña