Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Sorteo Benéfico

03 de junio de 2021  |  Categoría/s: Solidaridade  |  Etiqueta/s:

195714589_939735923486121_6965351650764173368_n-375x500

✨ SORTEO BENÉFICO! ✨
Como xa vos fomos contando, ultimamente estannos chegando animais en moi malas condicións que precisan intervencións ou tratamentos custosos e, para colaborar, varias empresas da zona uníronse para botarnos unha man. ♥
Nesta ocasión imos sortear unha noite para dúas persoas na Cabaña Lila de Cabanas da Ulla, na que ademais estarán agardando ao gañador os seguintes premios:
-2 cubos de Bico de Xeado
-2 prendas de Clockers
– 2 bastidores bordados a man de Variopinto

COMO PARTICIPAR?
O prezo de cada rifa é de 2€ e pódense obter fisicamente nos seguintes establecementos:
▪ Tendas Bico de Xeado:
-Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 81)
– CC As Cancelas (Santiago de Compostela)
-Coruña (Avenida de La Marina, 21)
– Pontevedra (Rúa Michelena, 5)
▪ Cabanas da Ulla
▪ Refuxio de Bando

▪A Media Lúa Clínica Veterinaria (Milladoiro)

▪Peixecan Peluquería Canina (Rúa París, nº 19 G, Baixo, Santiago de Compostela)
▪ Ámbito Moda (Rúa Ameneiral 12, Bertamiráns)

Tamén poderedes adquirilas por transferencia ao Refuxio de Bando. Neste caso o que tedes que facer para participar é ingresar os cartos correspondentes ao número de participacións que queredes mercar (se queredes escoller 2 números, serían 4€; 3 números, 6, etc.) ao noso número de conta ES66 2080 0388 2230 4000 0891 co concepto "Sorteo". Unha vez realizado o pago, por mensaxe privada deberedes mandarnos o xustificante, así como o voso nome e apelidos, dirémosvos os números cos que participades e enviarémosvos a través das redes a rifa en formato electrónico.

COMO SE SELECCIONARÁ O GAÑADOR?
O gañador do sorteo será aquel que teña a rifa que coincida coas 3 últimas cifras do número gañador do sorteo da ONCE do xoves 24 de xuño de 2021.
Moita sorte!!!



Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña