Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
Os concellos teñen as competencias e responsabilidades legais no ámbito da protección animal. Para o Refuxio optouse por unha xestión compartida e participativa, aberta aos colectivos que traballan no ámbito da defensa do benestar dos animais ou do ecoloxismo. Finalmente, constituíuse unha Fundación. No Padroado, presidido polo Alcalde de Santiago de Compostela, ademais da representación institucional dos concellos que forman parte dela (Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Boqueixón, Brión, Touro, Val do Dubra, Dodro, Trazo e Padrón), tamén se conta coa participación de representantes dos colectivos de protección animal e do ecoloxismo.
A actividade do Refuxio está aberta ás persoas que desexen achegar os seus coñecementos, as súas aptitudes ou as súas habilidades para mellorar a calidade de vida dos animais, así como á colaboración de empresas e entidades, sempre baixo a organización e coordinación da Fundación.
A Fundación Refuxio de Animais acolle os animais dos concellos de : Santiago de Compostela, Vedra, Teo, Boqueixón, Touro e Val do Dubra.
O xeito de financiación da Fundación Refuxio de Animais é:
23/01/2026
Recollido no concello de Teo.
23/01/2026
Recollido en Santiago de Compostela.
23/01/2026
Recollida en Santiago de Compostela.
21/01/2026
Recollido no aeroporto de Lavacolla, en Santiago.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.