Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
As causas principais de entrada de cans e gatos no Refuxio son o abandono intencionado (na rúa, estradas, no monte ou no propio Refuxio), o extravío, cría en colonias de gatos, falecemento de donos, cambio de domicilio, camadas indesexadas... Pode resumirse que o abandono é o resultado da falta de responsabilidade, respecto e coñecementos.
Dende o primeiro momento, cada animal que entra no Refuxio ten garantido o seu coidado. Logo de comprobar se o animal está identificado (con microchip, tatuaxe ou colar) todos son fichados e clasificados para facer o seu seguimento dentro do centro. Todos os animais son inspeccionados pola veterinaria e desparasitados interna e externamente. Os casos que precisen de tratamento veterinario ou dalgunha operación cirúrxica son atendidos inmediatamente co obxectivo de salvar a vida de todos eles. Os cans e gatos operados recupéranse nunha sala específica para estes casos ou en casas de acollida.
Unha vez na zona de residencia, cada can e gato é seguido de xeito individual, establecendo para cada un a cantidade de comida axeitada e a necesidade de coidados especiais. O persoal do Refuxio clasifica aos cans en función do seu carácter, tamaño e sexo.
05/12/2025
Recollido en Santiago de Compostela, chega moi feble.
05/12/2025
Recollida en Santiago de Compostela. Parece unha gata caseira e chega ferida.
05/12/2025
Recollida no concello de Touro. Moi sociable.
05/12/2025
Recollida en Lamas de Abade, Santiago.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.