Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Agradecementos

28/12/2016

O día 18 de decembro  DANZAYA organizou un evento no que o voluntariado de Bando estivo presente cunha mesa informativa.

Queremos agradecer este xesto a todolos usuarios participantes así como a DANZAYA como entidade organizadora do evento.

Debedes sentirvos moi orgullosos pois grazas ao voso esforzo e solidariedade cos preto de 600 euros recaudados e os productos donados poderase cubrir a alimentacion durante 10 días dos preto de 400 animais que residen diariamente no refuxio.

MOITISIMAS GRAZAS  de parte dos amigos eternos que xa tedes aqui.

danzaya

29/01/2015

Durante o ano 2014, o centro comercial Hipercor de Santiago de Compostela doou ao Refuxio de Animais de Bando unha grande cantidade de penso, comida húmida (latas), leite para cachorros, area gato, lambetadas para cans e gatos, comederos, xoguetes, etc. Dito material foi de gran axuda para o centro e foi empregado na súa totalidade nos máis de 500 animais residentes no Refuxio.

Dende aquí queremos agradecer estas doazóns e quedamos ao dispor deste centro comercial para, ao longo deste ano 2015, seguir mantendo esta colaboración.

hipercor

03/09/2014

O día 9 de agosto Galidolly (http://www.galidolly.es/p/raffle.html) organizou un evento no Hotel Gelmirez (Santiago de Compostela), na que o voluntariado estivo presente cunha mesa informativa e huchas durante a mañá. Na tarde realizouse unha rifa solidaria no que o recadado destinouse ao Refuxio de Bando.

Queremos agradecer este xesto a tódolos usuarios e participantes, así como á organización:

Tedes que estar moi orgullos@s e satisfeit@s pois gracias ao voso esforzo, imaxinación e solidariedade con estes 810€ que doastes poderá cubrirse a alimentación durante 11 días dos mais de 450 animais que diariamente residen no Refuxio. Polo cal recibide 450 veces ao día durante 11 días mostras de gratitude dos peludiños pola vosa preocupación... é mais, incluso ao longo de toda a vida de moitos deles, xa que gracias á vosa achega conseguiron ter o tempo para atopar un fogar.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Moitísimas grazas. É un honor coñecer a persoas tan marabillosas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

30/07/2014

Queremos agradecer á organización do festival Blythe GALLIDOLLY (http://www.galidolly.es) a iniciativa de aportar os beneficios da rifa aos animais do Refuxio de Bando. ¡Gracias!

Galidolly-

30/12/2013

A Fundación Refuxio de Animais da gran importancia á educación dos cans, é fundamental para a convivenza harmónica coas persoas e animais.

Cando un dono dun can non o educa dun xeito adecuado, os cans que son animais sociais e intelixentes por natureza, terminan tornándose un problema, e en moitas ocasións son abandonados pola irresponsabilidade dos seus donos, que no intentan solucionar os seus erros poñéndose na man dun profesional. Nos Centros de acollida, chegan moitos animais que por un contacto e trato innadecuado cos humáns, son pouco sociabeis, o  que dificulta a súa adopción. Tamén existe a falsa idea de que un can adulto non pode ser adoptado ou educado. Nada máis lonxe da realidade.

Na  Fundación Refuxio de Animais contamos no seu incio,coa colaboración altruísta de Fernando Estévez Costas, adestrador que fixo grupos de traballo con voluntarios para ensinar obediencia nos cans do Refuxio e un grupo de Agility tamén con voluntarios e cans do Centro. En moitas ocasións, nos axudou con algún dono de can con problemas. Na actualidade Fernando ten o Club de Agility Compostela, co que cosecha numerosos éxitos, www.agilitycompostela.es.

Moitas grazas Fernando, sempre o Refuxio che estará moi agradecido.

agilitycompos

30/12/2013

Na actualidade temos a sorte de contar coa colaboración altruista de Angel Mollá Marcos, educador canino profesional, entre outras moitas cousas (auxiliar veterinario, técnico de reptiles...) responsable da empresa "Método Guau" . Para  coñecer o seu traballo mellor visita a súa páxina www.metodoguau.com

Na actualidade ofreceuse a colaborar co Refuxio de forma altruísta, dando charlas educativas dirixidas aos voluntarios e padriños para resolver os problemas que poden surxir con cans do Centro e así facilitar a súa adopción.

Moitas grazas Ángel coa túa axuda esperamos que moitos máis animais atopen un fogar.

metodo_guau

21/10/2013

Queremos agradecer a GADIS o material doado ao Refuxio a principios deste mes de outubro: comedeiros, colares, etc. que nos serán de grande utilidade. Grazas!

gadis

25/06/2013

A web de venda de material e alimentación para animais ZOOPLUS (www.zooplus.es) fixo a pasada semana unha doazón de 500 kg de pienso de gran calidade á Fundación Refuxio de Animais. Foi un xesto desinteresado e moi xeneroso e queremos agradecer a sensibilidade mostrada cara a protección animal por unha empresa do prestixio de ZOOPLUS quen tamén colabora activamente con outras entidades similares á nosa. Moitas grazas!

ZooplusLogo
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña