Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Extravíos

Que facer para que non se perda?

  • Identificar con microchip. É obrigatorio en Galicia dende xullo de 2003 (Decreto 90/2002 de 28 de febreiro) e nos seus 3 primeiros meses de idade. Consiste nun dispositivo de pequeno tamaño, como un gran de arroz, que se implanta cunha inxección no lado esquerdo do pescozo. Vale para toda a vida e só pode lerse cun lector. Se houbese cambio de domicilio, teléfono ou de dono, hai que comunicalo ao veterinario para que llo comunique ao REGIAC (rexistro galego de identificación de animais de compañía).
  • Poñer unha placa gravada ou escribir cun rotulador permanente o teléfono no colar.

Que facer para atopar a nosa mascota?

  • Comunicalo na túa clínica veterinaria así como non resto de clínicas da zona. Pode valer un cartel cunha foto e os datos do animal: sexo, tamaño, idade, tipo de pelo, se levaba colar e o teléfono de contacto.
  • Comunicalo na Policía.
  • Poñer carteis en establecementos e pola zona onde se extraviou.
  • Achégate ao Refuxio ou chámanos aos teléfonos 981 575 957 – 646 492 835  ou podes enviarnos ao noso correo, refuxio@refuxio.gal, unha foto e as características do teu animal así como especificar a zona na que se perdeu e nós colgarémolo nesta web.
  • Comunicalo ao resto de centros de acollida municipais e non municipais (canceiras e protectoras)
  • Se tes a sorte de atopalo, comunícanolo.
  • LEMBRA, canto máis xente o saiba, máis posibilidades haberá de poder atopar a túa mascota.

Aviso

Fundación Refuxio de Animais non se compromete a avisar aos donos dos animais extraviados pola imposibilidade material e humana dado a gran cantidade de animais que ingresan no Refuxio e a gran cantidade de avisos de extravío. Suxerimos que:

  • Consulten a nosa páxina web: www.refuxio.gal, na que aparecen os animais que ingresan cada semana.
  • Poñemos a súa disposición a nosa web, na sección de ‘Extraviados’. Para isto, envíennos unha fotografía do animal e descrición do mesmo (o máis ampla posible) e datos de contacto que se poidan publicar.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña