Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

As instalacións

Refuxio de Bando ocupa uns 7.000 metros cadrados dunha parcela de 15.000 e está dividido en catro grandes módulos.

edificio principal alberga as oficinas, a área de atención veterinaria (consulta, clínica e salas de hospitalización), a de atención ao público, a aula de educación ambiental, vestiarios e almacén de alimentación.

Nos módulos construídos como residencia para animais hai espazos específicos para cans e gatos, ademais de amplos patios e espazos comúns para que fagan exercicio e se socialicen. Todos os canís están protexidos do exterior e contan con comedeiros e bebedeiros. Cada un destes espazos ten un patio ao que a animal pode acceder libremente.

novas-construcions
caniles

Concello de Santiago investiu 395.000,00 € na construción e dotación deste centro. Atrás queda o caduco modelo de canceira, onde os animais se amorean sen espazo e sen as desexables condicións de hixiene e saúde.

Posteriormente ampliáronse as instalacións con 1.037 metros cadrados máis: para residentes e unha nova cuarentena.  Para iso invertíronse arredor de 180.000,00 €.

No Refuxio de Bando quérese asegurar a calidade de vida dos animais mentres estean baixo a súa tutela. Quen adopte no Refuxio de Bando terá todas as garantías de que ese can ou gato chega ao fogar coas acaídas condicións hixiénico-sanitarias, xa que se entregan todos eles desparasitados (interna e externamente), vacinados, con chip (no caso dos cans) e esterilizados.

Como conseguimos este obxectivo? En primeiro lugar sendo esixentes no deseño e construción do propio centro. O equipo de arquitectos que deseñou o Refuxio visitou previamente outros en diferentes zonas do Estado para tomar ideas, non repetir erros e adaptarse ás nosas necesidades.

Na Fundación trabállase día a día, e recompílase moita información de manexo, estancias, etc. baseada na experiencia. É por iso que as novas instalacións se deseñaron tendo en conta a experiencia destes cinco anos de traballo, solucionando problemas vistos e con melloras.

gateiras
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña