Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
Comunicalo na túa clínica veterinaria así como ao resto de clínicas
Comunicarllo a policía
Poñer carteis en establecementos
Achégate ata as nosas instalacións ou chámanos aos teléfonos 981 575 957- 646 492 835 e informarémoste de se nos últimos días entrou algún can ou gato coas características que nos dis. Estamos aquí para o que precises. En caso de non ter éxito tamén podes enviarnos ao noso correo, refuxio@refuxio.org ou a extraviados@refuxio.org, unha foto e as características do teu animal especificando a zona na que se perdeu e nos colgarémola nesta web.
As vacinas protexen aos nosos cans contra graves enfermidade, algunhas das cales son transmisibles ao home podendo ocasionarlles incluso a morte.
Todos os cans, independentemente da súa idade, deben estar correctamente desparasitados e en perfecto estado de saúde para poder ser vacinados.
Actualmente as vacinas que debemos subministrar aos nosos cans para prevenir enfermedades, ainda que non son obligatorias son:
En ocasións algunhas vacinas poden ser polivalentes, defienden cunha soa aplicación fronte a moitas enfermedades.
A idade axeitada para comezar a vacinar a un cachorro está nos 2 meses de vida repitiendo ao mes, cando teñan 3 meses de idade. Aqueles cans que se atopen en malas condicións hixiénicas ou en estado de amoreamento deben ser vacinados por primeira vez aos 45 días de idade.
Todas as vacinas, a excepción da antirrábica, serán postas en dúas ocasións para asegurar un bo nivel de inmunización se o animal ten menos de 3 meses.
É importante saber que para manter protexido ao noso can hai que revacinalo anualmente contra todas estas enfermidades. Esta é unha información orientativa. O teu veterinario informarache con precisión atendendo ás características do teu can.
Pono en coñecemento de:
Se estás pensando en ter un can ou un gato, visita o Refuxio ou visita a páxina web e adopta algún dos animais alí acollidos.
O Código de Circulación establece que os animais non viaxarán no asento dianteiro do coche. Faranno só no traseiro e cunha protección que impida o paso á parte dianteira. Pero segundo o medio de transporte, pode varia-la norma.
Só os cans-guía poden acompañar sempre o seu propietario. Os autobuses, metro e trens de proximidades teñen prohibido o acceso de animais, coas excepcións que o condutor ou revisor determinen baixo a súa propia responsabilidade.
En trens de longo percorrido e barcos, están permitidos os animais de compañía, pero deben viaxar no departamento de equipaxes e no interior dunha gaiola especial para eles. Cada empresa de transporte é máis ou menos tolerante cos animais de pequeno tamaño (menos de cinco quilogramos) e pode permitir que estes acompañen o propietario no seu asento, pero o revisor ten a potestade de anular este privilexio. Sen embargo, cada vez aparecen máis compañías que permiten ter ao animal xunto co seu dono durante a viaxe; é cuestión de organizar a viaxe con tempo e preguntar nas distintas compañías.
O avión é o medio que maior aceptación mostra ante as mascotas de pequena talla, e as de maior peso deberán facturarse coa equipaxe. O responsable da aeronave terá, en caso de dúbida, a última palabra e decidirá se o animal viaxa co seu dono ou debe ir na bodega coa equipaxe.
A UE esixe, para a circulación dos animais de compañía entre os diversos países comunitarios, a cartilla sanitaria co certificado de vacinación antirrábica, o certificado oficial de saúde en calquera dos idiomas oficiais e a identificación por un dos métodos que recoñece a UE: tatuaxe ou chip.
Consellos para viaxar:
Para máis información, pódense consultar os seguintes enlaces:
05/12/2025
Recollido en Santiago de Compostela, chega moi feble.
05/12/2025
Recollida en Santiago de Compostela. Parece unha gata caseira e chega ferida.
05/12/2025
Recollida no concello de Touro. Moi sociable.
05/12/2025
Recollida en Lamas de Abade, Santiago.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.