Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
O padriño patrocinador, costeará parte dos gastos dun animal do Refuxio ata que atope un fogar. Un só animal será apadriñado por 3 persoas. Cada persoa aportará 80,00 € anuais.
O padriño patrocinador terá información periódica do animal. Comunicaráselles se atoparon un padriño acolledor ou foi adoptado.
Poder vir as fins de semana a pasealo, sempre cumprindo as indicacións do Centro.
O apadriñamento é unha fórmula pola que toda persoa que quere aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano.
Os padriños poden axudar a buscar un fogar entre os seus amigos, familiares...
Porque a Fundación Refuxio de Animais necesita achegas económicas para poder manter aos animais durante a súa estadía no centro. Son moitos os gastos dos coidados dos animais: alimentación, limpeza, vacinacións, desparasitacións, etc.
Quen queira aos animais pero non poidan telo en casa, dende nenos ata persoas que se atopen en residencias de anciáns, hospitais, estudantes, etc.
Pódense apadriñar/amadriñar todos os animais do Refuxio aínda que non todos eles entran dentro do programa de paseos do apadriñamento polas súas características.
Si o animal ten a sorte de ser adoptado, comunicaráselle ao padriño e se lle asignará outro afillado/a.
O pago pódese facer de varias formas:
05/12/2025
Recollido en Santiago de Compostela, chega moi feble.
05/12/2025
Recollida en Santiago de Compostela. Parece unha gata caseira e chega ferida.
05/12/2025
Recollida no concello de Touro. Moi sociable.
05/12/2025
Recollida en Lamas de Abade, Santiago.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.