Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Recollida de alimentos en Gali+Cotas

12 de junio de 2021  |  Categoría/s: Solidaridade  |  Etiqueta/s:

197406758_941604053299308_3656783827782315039_n-353x500

O vindeiro sábado día 12 de xuño temos unha cita con vós en Gali+cotas (Rúa República Arxentina, 46, Santiago de Compostela) ????????????

Os nosos voluntarios estarán de 10:30 a 17:00 recollendo doazóns. Como ben sabedes, agora estamos bastante saturados de camadas de gatiños, así que o que máis precisamos é leite para gatiños, penso e latas de arranque e penso para gatiños ???? Os nosos 7 cachorros lactantes tamén empezan a comer sólido, así que precisamos tamén latiñas e penso starter para eles e penso para cans medianos/grandes.
Ademais, temos varios gatos con dieta renal e gastrointestinal, polo que nos viría xenial este tipo de comida. E, por supusto, sempre son benvidas calquera tipo de lambonada para cans, latas para gatos (para can aínda temos bastantes) e penso para cans e gatos adultos ???? Calquera axuda vai ser ben recibida!!
Ademais, aproveitaremos para vender rifas para o noso súper sorteo, así que se vos queredes facer con algunha, esta é a vosa oportunidade ????

Moitísimas grazas a Gali+cotas por contar con nós e sempre estar dispostos a botarnos unha man, xa sexa como punto de recollida ou calquera cousa que precisemos!! Grazas por recibirnos sempre cun sorriso ❤️



Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña