Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
16 de abril de 2021 | Categoría/s: Solidaridade | Etiqueta/s:
Para axudar a cubrir parte de gastos veterinarios de casos especiais, presentámosvos o noso primeiro sorteo online
O premio é unha sesión de perruquería para o voso can ou gato en Peixecan Peluquería Canina e un almorzo ou merenda (por valor entre 4 e 9 €) no Café Latexo. Teñen opcións veganas e sen glute, así que ídesvos poder dar un banquete sexa como sexa e, ademais, podedes levar ó voso can/cadela a presumir de peiteado
Así que vos espera un planazo xunto ó voso compañeiro de vida.
Cada participación será de 2€ e poderedes escoller tantos números como queirades entre o 1 e o 100. Para participar, o que tedes que facer é ingresar os cartos correspondentes ó número de participacións que queredes ter (se queredes escoller 2 números, serían 4€; 3 números, 6, etc.) ó noso número de conta ES66 2080 0388 2230 4000 0891 co concepto "Sorteo". Unha vez realizado o pago, por mensaxe privada (no Instagram ou Facebook) deberedes mandarnos o xustificante do pago, así como o voso nome e apelidos e os números cos que vos gustaría participar. En caso de que estes números xa foran escollidos por outra persoa, comunicarémovolo e darémosvos a posibilidade de escoller outro número. Tedes que agardar a que nós vos confirmemos que tedes asignado ese número!
O sorteo realizarase unha vez vendidas todas as participacións e o gañador será aquel cuxo número coincida coas dúas últimas cifras do sorteo diario da ONCE do día seguinte. Parece fácil, non?
Precisamos de toda a vosa axuda, así que animádevos a participar que o premio ben merece a pena ![]()
Iremos facendo máis sorteos ó longo destas semanas así que aproveitamos tamén para que, se tedes un establecemento e queredes botarnos unha man, nos mandedes unha mensaxe privada ![]()
Por suposto, un millón de grazas ás rapazas de Peixecan peluquería canina
e Café Latexo por colaborar con nós (unha vez máis!) e axudarnos a facer fronte a esta época difícil!
Contamos con todos vós ![]()
![]()
#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión #Trazo #Dodro #Padrón
13/03/2026
Recollida no concello de Vedra, na zona de Trasariz.
11/03/2026
Recollido no concello de Brión.
09/03/2026
Recollido no concello de Padrón, na zona da Carcacía. Chega moi feble.
06/03/2026
Recollido en Santiago de Compostela.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.