Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
Condicións e termos de uso da web
Propiedade intelectual
A Fundación Refuxio de Animais é titular do dominio refuxio.org
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Fundación Refuxio de Animais.
Cláusula de exención de responsabilidade
O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Fundación Refuxio non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletínes oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
A Fundación Refuxio de Animais non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Fundación Refuxio de Animais non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
A Fundación Refuxio de Animais reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Reprodución
A reprodución dos contidos ou imaxes desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización.
Formularios e caixas de correo
A información obtida a través de formularios e enderezos de correo-e contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.
Recomendacións de acceso
A Fundación Refuxio de Animais procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
Recoméndase empregar navegadores de versión recente.
En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de 1024 x 768 pixels.
Termos de uso
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.
Privacidade
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación.
05/12/2025
Recollido en Santiago de Compostela, chega moi feble.
05/12/2025
Recollida en Santiago de Compostela. Parece unha gata caseira e chega ferida.
05/12/2025
Recollida no concello de Touro. Moi sociable.
05/12/2025
Recollida en Lamas de Abade, Santiago.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.