Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
22/06/2017
Bueno, ¿por dónde empezar? Desde que Alma (chamada Roca no refuxio) chegou á miña vida todo foron cambios para ben. Hai un tópico que se ve moito nas redes sociais "Quise salvarle la vida y él me la salvó a mi", pero é certo. Vin a esta cadeliña en fotos nunha coñecida rede social, en concreto nunha asociación que se encarga da difusión dos cans catalogados como PPP (non vou a entrar neste tema porque da para moito), xa que se trata dun American Pit Bull Terrier. Alma ten 9 anos, o que dificultaba un pouco a súa saída según nos comentaban no refuxio. Eu vin a súa foto e fomos preguntar por ela (dábanos igual os anos). Cando saíu do canil hei de decir que saíu moi enérxica e asustoume un pouco por si os paseos serían así, tirando da correa continuamente. Estando con ela no parque enamorounos e puxémonos máns á obra co papeleo que se precisa para estos cans, pero en cuestión dun mes tiñamos todo listo. Aquela cadeliña que coñecimos un 26 de decembro, que saía toda ansiosa do canil, transformouse un 27 de xaneiro nunha cadela tranquila, que adora estar na cama ou no sofá, que si venta ou chove fai pis e caca o máis axiña que pode e volve correndo po portal, non lle gusta mollarse... Que si pode estar pegada a ti non deixa un centímetro de separación. Que se deixa duchar, facer curas, que no coche vai sentadiña mirando pola ventá ou durmindo e que si te sentas nunha terraza séntase contigo e contempla o panorama mentras tí tomas un café. Lévase ben con todos os cans, aínda que teño que decir que non lle gusta nada que lle poñan a pata encima e nese caso avisa sutilmente. Lévase xenial con nenos e cando ímos pola calle busca agarimos en canta xente nos cruzamos. No pobo xa é coñecida e querena con locura, porque faise querer. ¿A idade? non nos impide ir de ruta polo monte, pola praia ou polo campo, ela corre, brinca e revólcase como si tivese 1 ano. Animo a todo o mundo a adoptar un PPP. Teñen moito amor para dar, eu xa estou preocupada polo día que me falte. Grazas ó refuxio por todo
13/03/2026
Recollida no concello de Vedra, na zona de Trasariz.
11/03/2026
Recollido no concello de Brión.
09/03/2026
Recollido no concello de Padrón, na zona da Carcacía. Chega moi feble.
06/03/2026
Recollido en Santiago de Compostela.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.