Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
01/06/2012
Ola a tod@s,
O meu nome é Zoa, nome co que me bautizaron e me ofreceron unha nova vida no Refuxio; por iso, hoxe, síntome na necesidade de agradecer a todos os voluntari@s e traballador@s do Refuxio así como a todos os colaborador@s e a toda a xente que, dalgunha maneira, fai posible que cans, cadelas, gat@s... poidan atopar unha familia e comezar unha nova vida. A tod@s eles, moitas grazas. Tamén quero mandar unha mensaxe de ánimo a todos os meus compañeir@s, recordarlles que hai moitas familias dispostas a colaborar e a dar cariño.
Eu coñecín a miña familia xa fai case 7 meses nunha das moitas baixadas que facíamos para dar a coñecer a labor do Refuxio e a dramática situación pola que estamos a pasar; agora, aos meus xa 6 anos, teño unha familia que me quere e que di que son a raíña da casa!; os reis son outros, Mateo e Coco, dous gatiños adoptados cos que comparto numerosas aventuras. E a familia crece e estamos a espera dun bebe, ao que terei que dar todo o meu cariño.
Na miña casa sempre din que trouxen moita felicidade.
Un saúdo moi grande
ZOA
13/03/2026
Recollida no concello de Vedra, na zona de Trasariz.
11/03/2026
Recollido no concello de Brión.
09/03/2026
Recollido no concello de Padrón, na zona da Carcacía. Chega moi feble.
06/03/2026
Recollido en Santiago de Compostela.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.