Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
24/05/2014
Segundo me comentaron Bicho foi atopado no parque do Auditorio con un ou dous meses de idade e moi maliño, fractura de cadeira e pata. Operáchelo por bo e xeitoso a pesar do seu mal pronóstico e precisabades de alguén co que pasara o postoperatorio. Así que Bicho veu a miña casa, e aquí quedou. Efectivamente é un gato cariñoso pero o seu nome tamén di moito del. Traelo a casa foi un esforzo pois precisa de atención e coidado e sempre hai que pensar nel a hora de marchar da casa pero ese gran esforzo co tempo convértese nunha grande alegría de compartir o espazo cunha criatura tan lista, e tan marabillosa como é Bicho. Para as persoas que dubidan en coller gatos do refuxio teño que dicirlles que Bicho ten algunhas virtudes para ser un gato caseiro que se derivan da protectora, unha que so quere comer penso, a comida non é atractiva para el, salvo o leite desnatado polo que tolea. Agradézolle ás persoas que coidaron de Bicho e mo entregaron todo o seu traballo. Espero que esta pequena achega sexa un aliciente para continuar coa dura tarefa.
13/03/2026
Recollida no concello de Vedra, na zona de Trasariz.
11/03/2026
Recollido no concello de Brión.
09/03/2026
Recollido no concello de Padrón, na zona da Carcacía. Chega moi feble.
06/03/2026
Recollido en Santiago de Compostela.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.