Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Bardo

28/01/2016

Bardo

bardo Adoptamos a Bardo (antes Barbo) xunto con Paola en xullo do ano pasado cando buscabamos dous gatos para vivir na casa da aldea onde sempre houbo gatos para espantar os ratos. Estamos encantados con eles e eles están encantados coa súa nova vida. Bardo tamén levaba os seus tres anos de vida no Refuxio e a pesar de que lle gustaba moito a presencia de humanos non lle gustaba que o colleran ou tocasen demasiado. Sin embargo non tivo periodo de adaptación xa que desde o primeiro día se levou xenial co gato da casa e o único que quería era investigalo todo. Cambiamoslle lixeiramete o nome xa que lle gusta moito miañar e contarnos contos, é como os bardos, trovadores celtas. O primeiro día que pisou o campo pensamos que toleaba, empezou a frotarse, a ronronear, a rebozarse, para el foi toda unha experiencia. Para nos foi unha experiencia moi agradable poder ofrecerlles esta oportunidade a estos dous gatos que por ser adultos, desconfiados, e no caso de Bardo, negro, outras persoas lles negaron nos tres anos que viviron no Refuxio e sentímonos moi agradecidos de que en esos tres anos estivesen tan ben coidados. -

Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña