Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
28/01/2016
Adoptamos a Paola en xullo cando buscabamos dous gatos para estar na aldea. Era unha gata que levaba os seus tres anos de vida no Refuxio e era bastante desconfiada con humanos así que a vida que leva agora nunha casa con campo e con liberdade para entrar, saír, cazar ratiños, dormir a sesta ó sol, comer herbiñas é ideal para ela e faina moi moi feliz. Custoulle un pouco adaptarse a vivir nunha casa e nun primeiro momento tiña moito medo e casi non a viamos pero a día de hoxe xa fai vida normal, frotandese contra as pernas de miña avoa para pedir comida ou colándose na cociña para miañar entre as pernas dos que estamos a mesa.Adoptar é unha alternativa moi recomendable para casas de aldea na que os gatos sempre andiveron ceives xa que ó estar castrados evitan o problema das camadas indeseadas e no caso dos machos non marchan durante periodos longos de tempo da casa. Estamos moi felices de haberlle dado esta oportunidade a Paola!-
13/03/2026
Recollida no concello de Vedra, na zona de Trasariz.
11/03/2026
Recollido no concello de Brión.
09/03/2026
Recollido no concello de Padrón, na zona da Carcacía. Chega moi feble.
06/03/2026
Recollido en Santiago de Compostela.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.