Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Adopcións

obxectivo da Fundación Refuxio de Animais é conseguir o benestar animal, en especial dos animais de compañía, cans e gatos principalmente, así como a súa convivencia harmónica co ser humano. Para isto traballamos en distintas frontes:

1.

Albergue transitorio de animais abandonados, perdidos ou vagabundos dos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Boqueixón e Touro.

 

2.

Fomento da adopción responsábel dos animais do Refuxio. Os animais danse desparasitados, vacinados, identificados con microchip e esterilizados ou con compromiso de esterilización.

 

3.

Promoción das boas prácticas en relación cos animais de compañía, aspecto fundamental para evitar os malos tratos e o abandono e para así garantir o benestar dos animais, mediante:

Visitas a colexios

Información aos adoptantes sobre os coidados para a súa mascota: alimentación, hixiene, desparasitacións, vacinacións.

Información sobre educación, adestradores, residencias, lexislación, asociacións e institucións para a defensa animal.

Consellos para intentar solucionar certos problemas e que así algúns donos non se desfagan das súas mascotas.

Participación en medios de comunicación: radio, televisión e prensa.

Terapia animal con certos colectivos: autistas, persoas con dano cerebral, ...

Saídas cos animais do Centro para acercar o Refuxio á cidadanía.

Grupos de sociabilización de algúns animais

Todos os cans son entregados en perfecto estado de saúde e hixiene, vacinados, desparasitados, esterilizados ou con compromiso de esterilización e identificados con microchip tal como marca a lei. Tamén se da un protocolo para os tratamentos profilácticos de por vida.

Existen tres formas de colaborar cun animal do Refuxio

Adopción 

é a máis común e tradicional; nela ti elixes, xunto co persoal do centro que che aconsellará o animal que mellor se adapte en base ás túas necesidades, cal vai ser o compañeiro/a que levarás para túa casa e che acompañará toda a súa vida.

Acollida 

Nestes casos optas por axudar a algún animal que o necesita temporalmente (por razóns de saúde, coidados,crianza, sociabilización, etc) un fogar. Sempre será baixo o criterio veterinario.

Apadriñamento 

O padriño patrocinador é unha figura pola que a persoa, madriña ou padriño, colabora nos gastos de alimentación e coidados veterinarios daqueles animais mentres non atopan un fogar.

Residentes 

son aqueles animais que se atopan no Centro, xa pasaron por todos os controis veterinarios e de aptitude por parte do equipo que dirixe as instalacións e, cando pase o tempo de espera para ser reclamado polo seu dono, segundo indica a lei 4/2017 de 3 de outubro, poderán ser adoptados.

Non residentes 

son animais que non se atopan no Refuxio. Moita xente se achega ata nós porque non pode seguir coidando á súa mascota por diferentes motivos. Nestes casos os animais están nos seus fogares de orixe e colaboramos na difusión do animal para que atope un novo fogar sen ter que pasar polo Refuxio. Facemos a labor de contactar a persoas pero non se trata de adopcións propias do Refuxio.

Difusións externas 

son as animais que non se atopan no Refuxio. Moita xente se achega ata nós porque non pode seguir coidando á súa mascota por diferentes motivos. Nestes casos os animais están nos seus fogares de orixe e colaboramos na difusión do animal para que atope un novo fogar. Facemos a labor de difundir estes casos pero non se trata de adopcións propias do Refuxio.

Que hai que facer para adoptar?

Unha vez evaluadas as vantaxes e as responsabilidades que ten a compañía dun animal, a adopción responsable é a mellor opción.

Cando se desexa adoptar un animal o primeiro que hai que ter seguro é que ao animal o queren todas as persoas que forman parte do núcleo familiar, isto evita despois problemas de responsabilidade sobre o animal de compañía.

Tamén hai que ter en conta a esperanza de vida dun can (media 14 anos) ou dun gato (16 anos de media) e prever, dentro do posible, quen se podería facer cargo do animal no caso de non poder telo nós.

Durante eses anos, somos completamente responsábeis do animal: educación, coidados, tratamentos preventivos (vacinacións, desparasitacións), asistencia veterinaria cando a requira.

Cando teñades vacacións ou días libres, sempre podedes organizar: residencias, amigos, familia,... ou levalo con vós xa que hai moitos establecementos que permiten levar animais: hoteis, casas rurais, cámpings, etc.

Asegurarse que, no caso dos pisos, o propietario ou os veciños da vivenda non teñen inconveniente en que haxa animais no edificio.

Ter un animal supón uns gastos periódicos, canto máis grande é o animal maiores serán. Tamén hai que dedicarlles tempo e moita paciencia.

Para unha primeira toma de contacto cos animais pódense ver os residentes/non residentes nesta páxina web e deste xeito facerse unha idea do animal. O seguinte paso é acudir ao centro e ver aos animais directamente ademáis de falar co persoal do centro sobre as características que se buscan no animal a adoptar (tamaño, actitude, idade, etc). O persoal do centro aconsellará para cada caso o animal que máis se axuste ao que o adoptante busca.

Unha vez feita a elección, e dado que no Refuxio de Bando se entregan todos os animais con vacinas, e con microchip e castrados, pode non ser posible levar ao animal seleccionado nesta primeira visita. Darase, nestes casos, cita para recollelo en canto o animal estea listo.

A persoa adoptante debe presentar o DNI, o carné de conducir ou calquer outro documento identificativo para poder facer a adopción. Ademáis, terá que asinar o contrato de adopción que a Fundación Refuxio de Animais ten previsto para estes casos (véase modelo debaixo) e aboar os prezos establecidos pola Fundación para cada caso (véase modelo debaixo)

charlie-deets-517076-43unsplash-1024x305
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña