Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

012-14-boscha-5: 012-14 BOSCHA 5

03/01/2014

Recollida en Lavacolla (Santiago de Compostela) xunto aos seus oito irmáns cando apenas tiñan tres semanas de vida.
As Boschas chegaron ao Refuxio xunto cos seus outros sete irmáns, de aí os seus nomes impersoais, diferenciándose unha da outra por un número. Salvo Boscha 5 e Boscha 7, todos os cachorros atoparon un fogar cando apenas tiñan uns meses de vida. Pero disto fai xa varios anos e elas aquí siguen con nós, agardando a súa oportunidade. Polo tanto, nunca coñeceron outra cousa máis alá do Refuxio.
Boscha 5 é máis inqueda e por iso ten algunhas cicatrices, porque ás veces pode chegar a ser un pouco pesada con outros cans, especialmente coa súa irmá. Boscha 7, porén, é a encargada de poñer calma en calquera situación, apreciando moito máis os agarimos que a súa irmá. Ambas son bastante activas e sociables, ademais de lambonas (nunca din que non a unha larpeirada, sexa cal sexa) e ben merecen un bo fogar que compense todos estos anos nun canil.
   

Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña