Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

422-19-dama: 422-19 Dama

19/08/2019

Dama leva con nós dende o verán do 2019, logo de que a recollesen no concello de Teo, cando era apenas unha cachorriña de catro meses ???? Sabemos que a súa vida anterior non foi boa, que foi un agasallo a un menor de idade, cuxa familia descoñecía a situación.
Ó pouco de chegar, unha familia interesouse nela pero, despois dun tempo, voltou con nós xa que non remataba de adaptarse.
É unha cadela activa, e algo bruta, que vai precisar pautas para que a súa transición a un fogar sexa o máis doada posible. Porén, é moi agarimosa e xoguetona, e busca sempre o agarimo da xente.
Non é compatible con femias e, con machos, depende un pouco do outro can. Agora mesmo convive cun can tranquilo co que non ten problema, pero pensamos que o ideal sería que fose o único animal da familia.
Precisa alguén que vexa máis alá da súa raza e que estea disposta a traballar con ela para demostrarlle que merece unha terceira oportunidade, que agardamos que sexa a definitiva.
 

 


Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña