Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

444-19-duero: 444-19 Duero

02/09/2019

Recollido xunto cos seus irmáns (Sella e Cares) en Santiago de Compostela, a historia de Duero é  triste, como a de moitos outros gatiños negros que chegan ó Refuxio 😔
Duero chegou ó Refuxio o mes de Setembro do ano pasado, xunto cos seus irmáns Sella e Cares. Foron atopados por unha persoa no río Tambre, loitando por sobrevivir para non morrer afogados 😩 A persoa que os viu non dubidou en meterse na auga, rescatalos e intentar que recuperasen un pouco a calor. Aínda así, chegaron ó Refuxio hipotérmicos e resfriados, e con bastante medo. A verdade é que non tiñamos moitas esperanzas en que saísen adiante, pero por fortuna, logo duns días a tratamento e con moitos coidados, estaban xa perfectamente. Sella atopou un fogar moi rápido, e Cares tamén foi adoptado, aínda que tardou algo máis. E Duero seguiu con nós, converténdose en invisible incluso para nós... Ó principio, era un gatiño bastante desconfiado que non sabía ben o que estaba pasando pero, pouco a pouco, o seu carácter foi mudando. Agora é dos gatos máis cariñosos e adorables e ten uns ollos amarelos enormes e moi expresivos que namoran a calquera. A súa actividade favorita é pasar por debaixo das túas pernas cando estás sentado e restregarse por todo o mundo 🥰 Tamén é bastante xoguetón e ás veces emociónase e dá pequenos mordiscos, pero non fai ningún dano e el ben o sabe. E a maior parte do tempo, é como vedes no vídeo: un saquiño de mecos 🙊
Gustaríanos que a historia de Duero mudase e sabemos tamén que esta non é a época máis axeitada debido a todo o volume de gatiños que temos. Pero tamén é para que sexades consciente do que pasa cos gatiños que non saen adoptados cando chegan e que van medrando no Refuxio, sen coñecer nada máis. E por desgracia, os gatiños negros soen correr esta sorte. Así que se vos estades plantexando aumentar a vosa familia, plantexádevos darlle fogar a unha panteriña, sexa a que sexa, e cambiade o seu destino 😊
 

Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña