Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
Estes son algúns dos animais que xa foron adoptados.
21/11/2025
Recollido no Polígono da Picusa, en Padrón. Moi boíño e xoguetón.
18/10/2025
Recollido na zona de Rarís, Teo.
18/10/2025
Recollido na estrada que vai ao aeroporto de Santiago. Chega intoxicado.
06/10/2025
Recollida na Alameda de Santiago. Parece unha gata caseira.
05/10/2025
Recollido en Santiago de Compostela xunto coa súa nai e os seus irmáns. Todos eles foron abandonados xa que se vía que estaban acostumados a estar con xente e non pertencían ao lugar onde foron atopados.
04/10/2025
Abandonada en Santiago no interior dunha caixa de cartón xunto con outra gata.
01/10/2025
Recollido no concello de Padrón, na zona do Xardín Botánico. Parece un gato caseiro.
27/09/2025
Recollido en Santiago de Compostela.
05/12/2025
Recollido en Santiago de Compostela, chega moi feble.
05/12/2025
Recollida en Santiago de Compostela. Parece unha gata caseira e chega ferida.
05/12/2025
Recollida no concello de Touro. Moi sociable.
05/12/2025
Recollida en Lamas de Abade, Santiago.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.