Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Can/Cadela
Mostrando 1249-1260 de 4931
Mostrar:  

05/02/2020

Recollida no concello de Brión, Fuca é unha cadela boíña e tranquila, pero tamén moi tímida e que segue a ser bastante desconfiada coa xente, tomando sempre como referencia a algún compañeiro de canil. Agardamos que pouco a pouco vaia collendo algo de confianza.

05/02/2020

Oso foi recollido no concello de Brión e chegou ao Refuxio o pasado mes de febreiro. É moi sociable, alegre e xoguetón coa xente, con outros cans lévase regular, aínda que actualmente está convivindo con outros sen problema.

05/02/2020

Recollido no concello de Brión. Ó principio pasou bastante desapercibido pero, pouco a pouco, o seu estupendo carácter foinos gañando a todos. É un can tranquilo, equilibrado e xoguetón. É moi delicado e o que máis lle gusta é estar preto da xente e disfrutar de mecos costantes na cabeciña. Ten unha mirada moi moi expresiva, e os seus ollos desprenden moita vida. Non nos gustaría que eses ollos perderan a súa luz e expresividade ó ver que ningunha familia se fixa nel... Gustaríanos que a súa sorte cambiase canto antes. 

03/02/2020

Marxaloc foi recollido en Santiago de Compostela e é  un can extremadamente activo, que corre e corre sen cansar. É ademais moi gracioso, xa non só polo movementos das súas orellas ao correr, senón tamén pola súa persoalidade incansable e orixinal. Encántanlle os mecos de todos, aínda que ás veces é un pouco bruto cando á hora de pedilos. Lévase ben con outros cans, aínda que pode ser algo pesado.  

02/02/2020

Recollido no concello de Teo, Rosendo é un can boíño e moi mequeiro, que disfruta como un cachorro cando xoga cos seus compañeiros de canil. É bastante activo e sabe pasear con correa, aínda que se vai parando cada pouco para que lle deas a súa ración de mecos correspondente.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña