Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pasou esterilización
Mostrando 1333-1344 de 4493
Mostrar:  

28/05/2019

Recollido en Santiago de Compostela. Lenon leva xa uns meses con nós e, aínda que ó principio estaba algo asustado, agora é un can tranquilo e boíño. Non é extremadamente cariñoso, pero si lle encanta que lle rasquen o lombo. Lévase ben cos seus compañeiros de canil cos que nunca deu problemas, aínda que prefire pasear en solitario antes que xogar con eles.

28/05/2019

Bones chegou ao Refuxio xunto co seu irmán Albus tras seren recollidos por Protección Civil de Val do Dubra. Eran moi pequeniños e estaban bastante febles, pero agora xa están recuperados e listos para irse a un fogar definitivo, xuntos ou por separado. Son moi boíños e sociables.

28/05/2019

Albus chegou ao Refuxio xunto co seu irmán Bones tras seren recollidos por Protección Civil de Val do Dubra. Eran moi pequeniños e estaban bastante febles, pero agora xa están recuperados e listos para irse a un fogar definitivo, xuntos ou por separado. Son moi boíños e sociables.

22/05/2019

Atopado en Mourentán (Santiago de Compostela), cheo de carrachas. Algo tímido pero boíño, e non parece estar acostumado a  pasear con correa. Pouco a pouco colle confianza. Sube por medio do Servizo de Recollida Animal.

22/05/2019

Atopado no Parque da Alameda. Parece algo desconfiado pero pouco a pouco colle confianza. Sube a través do Servizo de Recollida Animal.    

18/05/2019

Enya foi recollida xunto á súa nai e os seus tres irmáns nunha leira preto de Montouto (Teo).

18/05/2019

Tipica camada de gatiños de apenas un mes coa súa nai. Nai de 225-19 ELMA, 226-19 ENYA, 227-19 AIKA e 228-19 TAMESIS. Chegan de Teo pare nunha leira dun veciño.

16/05/2019

Ataopado no Parque de Montouto en Teo, probablemente sexa dunha casa preto desa zona, xa que é moi confiado e cariñoso. Aparte de estar castrado. Sube por medio da Proteccion Civil de Teo.

15/05/2019

Atopada en Mestre Mateo, Santiago. Moi desconfiada, achégase pero o tentar acariñala fuxe. Sube por medio do Servicio de Recollidaa Animal.

15/05/2019

Atopada con outra cadela (Brisa) no Parque de Belvís (Santiago de Compostela). Poderían ser nai e filla.  
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña