Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Descoñecido
Mostrando 133-143 de 143
Mostrar:  
IWA

10/11/2007

Pariu dous preciosos cachorros. Tivo sorte de chegar ao Refuxio, probablemente se parira na rúa ningún dos seus dous fillos sobrevivise.

30/10/2007

Atopado cerca de Pizza Movil, de aí o nome. Parece ben coidado. É extremadamente cariñoso. Tivo sorte de que non o atropelaran.

26/06/2007

Atopárona tres señoras en San Caetano, entre a igrexa e a Xunta. Levaba a modo de colar no pescozo un cacho de aramio plastificado, dos que se empregan para facer valados.

29/06/2006

Atopárono en Área Central. No Refuxio agardábase que viñeran a buscalo, pero nunca apareceu o dono. É un cachorro moi moi cariñoso, lévase ben con todos.

08/05/2006

É filla de Morgana. Deixárona xunto a outros dous cans e a súa nai nunha caixa que romperon e da que fuxiron. Estaba xunto coa súa nai polo monte. Costou collelas.

28/03/2006

É un dos moitos cachorros vítimas da cría irresponsábel dos cazadores. Chegou nunhas condicions penosas, con lesións na pel e moi parasitada. Agora está feliz e só quere dar cariño.

29/01/2006

É un can extremadamente cariñoso. Ten un tamaño ideal para estar nunha casa. Non se adapta ao Refuxio porque, probabelmente, vivía nun piso.

07/03/2005

Abandonouna o seu dono, un cazador, porque xa era unha cadela maior e non lle merecía a pena, segundo el, mantela a pesar dos anos de servizo.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña