Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pasou esterilización
Mostrando 1585-1596 de 4529
Mostrar:  

31/07/2018

Kily foi recollida xunto con outras catro cadelas no verán do 2018. Ela era a máis sociable de todas e así o segue sendo. É unha cadela moi activa e nerviosa, e tamén algo pesada con outros cans. Encántalle correr, pasear e é moi agarimosa coa xente. Ten unha alerxia alimentaria, polo que precisa tomar penso especial. O ideal sería que fose a única cadela da familia, ainda que non tería problemas en convivir con outro can tranquilo.      

27/07/2018

  Atopado en Amio, nun campo de de futbol, enredouse coa rede da portería. Moi bo e agarimioso. Sube polo Servicio de Rescate Animal.

24/07/2018

  Recollida na nave Coremain da Costa Vella (Santiago de Compostela) polo Servizo de Recollida Animal. Chegou moi asustada e cunha fractura no rabiño, que houbo que amputar. Agora parece un coelliño É boíña pero segue a ser bastante esquiva e desconfiada, pero agardamos que pouco a pouco vaia collendo confianza. Lévase ben con outros gatos.      

23/07/2018

Eggy segue a buscar un fogarChegou ao Refuxio no verán do 2018 sendo un cachorriño e bastante delicado de saúde. Custoulle bastante saír adiante pero é todo un loitador e aquí segue, á espera de atopar un fogar definitivo. É un gatiño algo reservado, pero boíño e xoguetón e cada vez está máis cambiado. Non é xusto que teña que seguir medrando no Refuxio. Alguén se anima a darlle unha oportunidade?    

19/07/2018

Atopado en Rosalia de Castro, moi bo, chega a medio pelar. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

15/07/2018

Tortelini foi recollido o pasado verán xunto aos seus irmáns Ravioli e Spaguetti na rúa das Hortas (Santiago de Compostela), delgadiños e con problemas de pel. Agora xa está totalmente recuperado e aínda que é moi boíño,  segue a ser bastante medroso e asustadizo. Precisa unha familia con algo de paciencia á que non lle importe ir gañando a súa confianza pouco a pouco. Lévase ben con outros gatos.    
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña