Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Femia
Mostrando 1609-1620 de 4216
Mostrar:  

10/06/2019

Bámbola chegou xunto a súa nai e outros 14 gatos tras seren abandonados. Moi boíña e xoguetona.

10/06/2019

Moita chegou ao Refuxio xunto a outros 15 gatos logo de que os deixasen abandonados nunha gaiola. De momento parece bastante medrosa.

10/06/2019

Terra chegou ao Refuxio xunto con outros 15 gatos logo de que os deixasen abandonados nunha gaiola. É boíña pero segue a ser bastante medrosa. Lévase moi ben con outros gatos.

10/06/2019

Turba chegou ao Refuxio xunto con outros 15 gatos logo de que os deixasen abandonados nunha gaiola. Moi boíña.

10/06/2019

Huma chegou ao Refuxio xunto con outros 15 gatos logo de que os deixasen abandonados nunha gaiola. Moi boíña.

10/06/2019

Flor chegou ao Refuxio xunto con outros 15 gatos logo de que os deixasen abandonados nunha gaiola. Moi boíña.

08/06/2019

Recollida xunto aos seus tres irmáns (Baxter, Ollie e Spike) nunha caixa xunto a un contedor do lixo na zona de San Lázaro. Suben a través do Servizo de Recollida Animal. Son moi boíños.

07/06/2019

Recollida en Santiago de Compostela. Segue algo asustada, pero é moi boíña.

07/06/2019

Atopada na Ramallosa (Teo). Sube por medio de Protección Civil. É moi boíña.

04/06/2019

Recollida na rúa Alexandre Bóveda (Santiago de Compostela). Moi boíña e doce.

22/05/2019

Apareceu amarrada ó sinal de entrada ó Refuxio no 2019. Tiña a zona da columna queimada, sen pelo, e non sabía camiñar por superficies distintas ó cemento. Foi todo un acontecemento para ela descubrir o que era a herba fresca Ó pouco de chegar ufriu un accidente, enganchando a mandíbula nunha reixa e rompéndoa. Tivo que pasar por quirófano para solucionar este problema, e estar un mes en repouso cunha cerclaxe na boca pero, afortunadamente, todo saíu ben e quedou perfecta Portouse moi ben durante todo este tempo a pesar do incómodo da situación. Non é apta con outros cans nin con gatos, pero coa xente é un auténtico encanto e moi delicada. Cremos que xa o pasou bastante mal nos seus primeiros catro anos de vida, así que xa vai sendo hora de que saiba o que é o amor e o calor dun fogar.
Precísase licencia PPP.
 
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña