Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Macho
Mostrando 1729-1740 de 4247
Mostrar:  

28/06/2019

Recollido en Santiago de Compostela a primeiros do verán pasado, é un canciño moi alegre e activo ao que lle encanta correr cos seus compis de canil e ir de mimo en mimo sempre que se presenta ocasión. Entregarase con contrato de adopción, chip, vacinado, desparasitado e esterilizado.

26/06/2019

Recollido en Santiago de Compostela. É moi boíño e ronroneador.

25/06/2019

Recollido en Santiago de Compostela, Duque é un canciño do máis bo e adorable. É xoguetón, moi cariñoso e lévase ben con outros cans.

21/06/2019

Bat chegou ao Refuxio xunto con outra cadela (Bi) logo do falecemento do seu dono. Foi un cambio duro para ambos e ó principio parecían bastante medrosos e esquivos. Porén, Bat non tardou en mostrarse como o canciño alegre que é, ao que lle encanta xogar coa xente e os seus compañeiros de canil, así como achegarse a pedir mecos, panza arriba. É un encanto de can e precisa sentir de novo o que é un fogar.

17/06/2019

Recollido xunto coas súas irmás na zona da Rocha (Santiago de Compostela). Moi boíño e xoguetón.  

10/06/2019

Marcial chegou xunto a súa nai e outros 14 gatos tras seren abandonados. Moi boíño e xoguetón como todo cachorriño.

10/06/2019

Pizarro chegou xunto a súa nai e outros 14 gatos tras seren abandonados. Moi boíño e xoguetón.

10/06/2019

Botitas chegou ao Refuxio no verán do 2019, xunto coa súa nai e outros 14 gatos máis da súa mesma familia tras seren abandonados no interior dunha gaiola. De todos os pequerrechos ela é a única que segue a buscar un fogar, sen que ninguén preguntase por ela durante todo este tempo.
É algo medrosiña cando non coñece pero boíña e sociable. Lévase ben con outros gatos.
 

10/06/2019

Artur chegou xunto a súa nai e outros 14 gatos tras seren abandonados. Moi boíño.

10/06/2019

Arnold chegou xunto a súa nai e outros 14 gatos tras seren abandonados. Moi boíño e xoguetón.

08/06/2019

Recollida xunto aos seus tres irmáns (Baxter, Ollie e Salsa) nunha caixa xunto a un contedor do lixo na zona de San Lázaro. Suben a través do Servizo de Recollida Animal. Son moi boíños.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña