Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2006
Mostrando 157-168 de 197
Mostrar:  

16/06/2007

Atopárona xunto coa súa filla ou irmán. Ían cruzando polas rotondas de entrada a Santiago. Tiñan colar. Á súa compañeira adoptárona, ela aínda está aquí.

12/05/2007

Vagabundeaba pola zona. Seguramente porque se extraviou nunha cacería ou por que non valía para cazar e a abandonaron. É preciosa e moi diferente. Ten un ollo de cada cor.

11/05/2007

Recen parida. Non sabemos se perdeu os cachorros ou llelos mataron e despois a abandonaron. Os que a atoparon íanse quedar con ela, pero como cando quedaba soa ladraba e os veciños queixáronse.

11/05/2007

Típico caso de dono irresponsable. Colle un cachorro pero marcha a outra zona. Da a cadela a unha amiga que ten varios cans. Por suposto sen esterilizar nin controlar. Queda xestante no seu primeiro celo, e entón, casualmente non se poden facer cargo del cando está a punto de parir.

09/05/2007

Vagabundeaba pola zona. É moi bonita pero ten moito medo. Ten un bo tamaño para levala para a casa.

10/04/2007

É moi cariñoso e comparte gaiola con outros machos. É moi bonito, esperemos que axiña atope un dono.

31/03/2007

Parece un diminuto golden retriever. É moi bonito e pensábamos que axiña o adoptarían, pero aínda está aquí. Ten unha expresión moi triste.

29/03/2007

É moi cariñoso aínda que con outros cans é demasiado dominante. Ten unha cara moi curiosa, con grandes ollos observa todo o que o rodea.

29/03/2007

Traía un colar marrón. Parecía que tiña dono e que axiña viría a recollela. Pero pasou o tempo e ninguén se presentou por ela. É moi dominante cos cans e coas cadelas.

28/03/2007

Seguro que ten dono, pois é moi cariñosa e obediente. Na gaiola está moi triste pero cando a sacamos ponse moi contenta.

23/03/2007

Vagabundeaba desde facía varios días co pastor de Brie coco. Cando os recolleron Coco tiña dono e veuno recoller pero a ela non. Quedou moi triste e soa aquí.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña