Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

12.00Kg
Mostrando 157-165 de 165
Mostrar:  

11/04/2005

Cando viu estaba xestante, tivo aos seus 8 cachorros aos que coidou moi ben a pesar do seu pequeno tamaño. É moi cariñosa, doce e obediente. Moi boa.

28/03/2005

Estaba vagabundeando polo monte. Tróuxoo unha señora que o atopou cando paseaba cos seus cans. Ao principio era tímido pero agora é cariñoso e sociable. Sen embargo é un can que demostra carácter e sabe gardar o seu.

17/03/2005

É puro coraxe. Cando a recollemos da rúa estaba preñada e aos poucos días pariu. Esa mañá vimos que tiña catro cachorros pero aínda tiña máis por saír. Debido a que estaba moi débil o equipo veterinario da canceira tivo que practicarlle unha cesárea. Recén operada ela mantivo a toda a camada e incluso a un cachorro que apareceu abandonado na rúa. Todas as crías hoxe xa teñen fogar. Ela espera por ti.

01/03/2005

Acababa de sufrir un accidente e non podía andar coas extremidades posteriores. Tiña microchip e cando localizamos á dona dixo que non a quería porque non servía para nada, que só quería xogar. Seguro que se lle esqueceu que era un cachorro e iso é o normal.

28/02/2005

Chamaron porque entrou nunha finca onde había unha cadela en celo. É moi tímido pero con paciencia pronto se amosa cariñoso.

08/02/2005

Deixárono dentro do Refuxio xunto con outra cadela. Estaba moi asustado e custou moito collelo. Adaptouse perfectamente e é un can moi cariñoso. A demostración disto é que o pasou moi mal cando o separamos da súa compañeira de canil.

05/02/2005

Vagabundeou por un barrio da periferia durante uns días. Os veciños chamaron porque ao andar ceibo cando chegaba a noite os outros cans ladraban e non podían durmir.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña