Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

mestizo
Mostrando 1849-1860 de 1862
Mostrar:  

05/07/2007

Era maior e tiña unha hernia inguinal que case arrastraba polo chan. Operámola e agora parece un cachorro. Só quere xogar e xogar.

02/07/2007

Trouxérono dunha protectora ilegal onde os animais se hacinaban e enfermaban. É cariñosa e moi boa.

02/04/2007

Atopado por unha parella de turistas ingleses no Monte do Gozo. Seguiunos ata o hotel e o recepcionista chamou á policía local. É moi cariñoso.

29/03/2007

Traía un colar marrón. Parecía que tiña dono e que axiña viría a recollela. Pero pasou o tempo e ninguén se presentou por ela. É moi dominante cos cans e coas cadelas.
OKA

08/03/2007

Veu en moi mal estado, sen pelo e xestante. Tivo 6 cachorros que coidou moi ben. Agora está moi feita cun pelo moi brillante. Os seus cachorros son bonecos.

07/03/2007

É coma unha pequena boxer. Moi dominante coas outras cadelas. Veu xestante. Apareceu perdida pola casa da persoa que a trouxo. Déronlle de comer pero non pode quedar con eles porque xa teñen dous cans. Actualmente ten unha madriña.

03/06/2006

Parece que estivera pintado, é moi branco e destaca moito coas manchas negras. Cando chegou estaba tan aterrorizado que non se atrevía a poñerse en pé. Está apadriñado e o sacan a pasear tódalas semanas.

26/05/2006

Levaba varios días vagabundeando polo monte. Cando chegou era moi medosa. É moi dominante con outros cans.

11/03/2006

Ainda non ten un ano e a súa vida non foi moi boa. Así o amosa o medo que mostraba, aínda que é un cachorro. Esperemos que unha familia lle cambie a vida.

24/10/2005

Atopárono en Trasmonte. Levaba tempo vagabundeando. É un pouco dominante cos machos, a pesar do seu pequeno tamaño, pero coa xente é moi bo.

29/05/2005

É moi cariñoso e obediente coas persoas pero non se leva moi ben con outros animais. Este problema de relación con outros animais é debido a que estivo atado desde pequeno. Agora está recuperado e é ideal para coidar unha finca.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña