Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Femia
Mostrando 2017-2028 de 4216
Mostrar:  

11/07/2017

Camada de 5 gatiños atopados en Teo, na zona dos Tilos, suben pola Proteccion Civil. 4 femias e 1 macho. Chegan moi parasitados e esfameados, asilvestrados pero pouco a pouco collerán confianza.

11/07/2017

Jaguara chegou ao Refuxio no verán do 2017 xunto cos seus irmáns, que xa atoparon un fogar. Ela en cambio segue no refuxio á espera de que alguén se fixe nela :( Ten arredor dun e medio ano e é algo tímida e independente, polo que precisa unha familia con algo de paciencia que se vaia gañando a súa confianza pouco a pouco. Entregarase con contrato de adopción, desparasitada, vacinada e castrada.

07/07/2017

Atopada en Berdia, polo mediodía, moi boíña e alegre, chega cun pouco de medo pero colle confianza sendo moi xoguetona. Chega en moi bo estado.

07/07/2017

Recollida na zona de Laraño (Santiago de Compostela), Dominica chegou ao Refuxio sendo unha cachorriña e aquí medrou sen que ninguén se fixase nela. E algo tímida, polo que precisaría unha familia con experiencia con gatos e paciencia para gañarse a súa confianza :)        

07/07/2017

 

Clarisa foi recollida en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles custou bastante adaptarse ao Refuxio.
Segue sendo bastante arisca, pero gústalle a xente e sobre todo que lle dean lambonadas.

07/07/2017

Boss foi recollido en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles custou bastante adaptarse ao Refuxio.

05/07/2017

Cadela adoptada fai un par de meses, a voltan porque non se acostuma á casa. Moi timida e algo medosa.

04/07/2017

Luarca foi recollida en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles está custando bastante adaptarse ao Refuxio. Segue a ser unha gata bastante tímida e desconfiada, pero pouco a pouco vai collendo confianza, especialmente se hai algunha lambonada por medio. Lévase  ben con outros gatos.                 

04/07/2017

Vega foi recollida en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos máis. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles custou bastante adaptarse ao Refuxio, e segue a ser unha gatiña algo tímida. Lévase ben con outros gatos.          

04/07/2017

    Atopada na zona de Calo (Teo), moi medosa e non quere poñerse a correa, será pola situacion de vir o Refuxio. Sube pola Proteccion Civil de Teo.

04/07/2017

Atopado no Poligono do Tambre, estaba no motor dun coche e o pasar o coche por un baden, cae o micho o chan da estrada. Moi simpática e con carácter.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña