Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

5.00Kg
Mostrando 181-192 de 197
Mostrar:  
NEG

23/06/2008

Son fillos da cadela da persoa que os trae. Colocou a 3 deles, pero a estes 2 non puido. El non pode atendelos. Tentamos durante un mes dalos en adopción desde casa. Paga as taxas.

12/03/2008

Atopado en Outeiro (Bugallido). É un cachorro precioso. Cada día que está no Refuxio ten máis perigo de enfermar.

19/02/2008

Atopado por unha veciña de Teo no cuberto, onde pareu catro cachorros. Estaba moi mal coidada, parece mentira que un animal tan cariñoso e bonito este nesas condicións. Cortámoslle o pelo e está un pouco mellor.

14/11/2007

Estaba chea de sementes. É o malo do pelo longo, precisa moitos coidados, senón se ten tempo e ganas é mellor coller un de pelo curto.

07/07/2007

Deixouno o dono xunto con outra cadela. Quedouse coa nai, seguramente porque valería para cazar ou porque era máis bonita. Seguro que volverá a quedarse xestante.

08/05/2006

É o típico can de cazador abandonado. Esperemos que axiña se tomen medidas para evitar a cría irresponsabél e o abandono.

07/05/2006

Tivemos un aviso de que no monte había un cachorro. Os veciños dábanlle de comer. Cando a vimos estaba totalmente raquitica, coas unllas longas, seguramente por estar encerrada nalgun sitio, chea de pulgas e carrachas, caialle o pelo, non podia andar. Nos nos podemos explicar como ainda é tan cariñosa.

04/08/2005

Sabemos pouco da súa vida pero supoñemos que non foi moi boa porque é moi asustadiza. A verdade é que non o pasa ven no Refuxio porque necesita estar acompañada.

04/08/2005

Cando chegou estaba nunhas condicións penosas, chea de pulgas, sen pelo, con feridas e cunhas uñas moi longas que delataban que estivera nunha corte sen posibilidade de andar. É moi cariñosa e xa está recuperada. Necesita un fogar con urxencia porque non aguanta o frío e se acatarra con facilidade.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña