Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

7.00Kg
Mostrando 193-204 de 214
Mostrar:  
HOT

16/05/2008

Atopado no parque, detrás do hotel Hesperia. Está moi asustado. Parece ter dono porque está moi ben coidado.

15/05/2008

Meteuse dentro da terminal do aeroporto, buscaba comida. Tiña unha correa con cascabel e debeu ter cachorros fai pouco, porque as súas mamas estaban cheas de leite.

11/03/2008

Tirarona nos parques do Centro, xunto a dous mais. Estaba nun estado penoso, con moitos nós no pelo.

28/11/2007

Típico caso de can de caza, seguramente non valía para cazar. Ten un remuiño na coroa, de aí o seu nome.

29/10/2007

Debeu sufrir unha fractura de pelvis. Ten asimétricas as cadeiras, pero non lle afecta para nada. É moi cariñosa.

01/08/2007

Chamou unha muller que avisou que a cadela levaba máis dun mes perdida na zona do Castiñeiriño. Non leva colar nen chip. Veu xestante e pareu 4 cachorros. É moi boa nai e os cachorros son preciosos.

23/07/2007

Apareceu o día 22 de xullo no parque dos bombeiros. Levaba uns días por alí pero ninguen quixo quedarse con ela.

17/07/2007

Atopada no parque do Refuxio. Seguramente é o caso de cachorro que molesta ou unha camada non desexada, que se tira coma se fose lixo.

05/07/2007

Era maior e tiña unha hernia inguinal que case arrastraba polo chan. Operámola e agora parece un cachorro. Só quere xogar e xogar.

02/04/2007

Atopado por unha parella de turistas ingleses no Monte do Gozo. Seguiunos ata o hotel e o recepcionista chamou á policía local. É moi cariñoso.

07/07/2006

É a filla dunha cadela que tiñan na casa os donos. Como de cachorro era moi graciosa quedáronse con ela pero unha vez que medrou desfixéronse dela.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña