Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

6.00Kg
Mostrando 205-210 de 210
Mostrar:  

04/02/2006

Estaba no monte, chea de pulgas e carrachas. Despois dunha semana de chegar enfermou, seguramente polo estrés (é algo moi común nos cachorros). Pouco a pouco vaise recuperando pero sigue estando moi delgada. Agardamos que a súa loita por sobrevivir sexa para atopar pronto un fogar.

04/10/2005

: Debeu sufrir un atropelo e o óso consolidar despois de mala maneira, pero non é evidente, pois salta e corre coma calquera. Ian levala, pero estaba co celo e tiñan que esperar. ¡Non hai problema!, dixeron, pero cando despois os chamamos xa non a quixeron.

12/08/2005

Unha moza chamou ao Refuxio porque alguén estaba pegando a unha cadela en plena rúa. Se maltratar a un animal é repugnante, cando tratas con Romi a sensación aínda é peor porque é unha cadela marabillosa. Ten un tamaño e carácter ideal para estar nunha casa.

23/03/2005

Irmá de Fuscallo. Chegaron ao Refuxio debido a unha desgraza. Un día chamou a policía porque ían ingresar a unha muller moi maior no hospital e tiña catro cans aos que ninguén podía atender. É moi cariñosa e agora está esperando cachorros.

22/03/2005

Levaba bastante tempo vagabundeando xunto a unha cría súa e estaban nunhas condicións moi malas. A cachorra xa foi adoptada.

20/01/2005

Vagabundeaba pola rúa do Hórreo e aínda tiña a súa correa. Por isto pensamos que pronto aparecería o seu dono xa que parecía que se escapara dunha casa.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña