Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

4.00Kg
Mostrando 205-216 de 216
Mostrar:  

17/02/2008

Chama unha amiga dunha voluntaria porque que hai un gato atropelado en Teo. Unha muller vei como o atropelan pero o coche non se detén.

24/10/2007

Seguramente se despistou. É moi cariñoso, leva colar e está esterilizado. Bo estado. Debeuse perder fai moi pouco tempo.

25/06/2007

Atopado no patio interior dun comercio na rúa Doutor Maceiras. Estaba en estado comatoso con fortes espasmos. Recuperouse e agora espera atopar un fogar.

30/12/2006

Encontraron en Luou á nai e aos tres cachorros. El estivo moi enfermo, afortunadamente recuperouse. Adoptaron aos seus 2 irmáns e a súa nai, el tivo mala sorte, non só enfermou senón que tampouco o adoptan.

23/12/2006

Atoparon á súa nai aínda xestante, acollérona nunha casa e pariu 4 cachorros preciosos. Todos os seus irmáns enfermaron e morreron. Figuín é o único supervivente. É un can precioso, ten un pelame estupendo e moi brillante.

22/12/2006

A pesar da súa corta vida, xa sufriu malos tratos, así o demostrou o seu comportamento e os dous seus dous irmáns cos que chegou ao Refuxio. Cos agarimos dos traballadores e voluntarios do Refuxio, axiña se tranquilizaron e os seus dous irmáns foron adoptados. Xoán tiña unha hernia umbilical severa que xa foi operada, agora quizá o adopten, só quere xogar e é o que fai sempre que pode.

02/05/2006

A súa mirada trasloce moito medo. Só quere estar con xente. Leva moi mal estar na gaiola.

02/04/2006

Hospitalizaron ao dono e á súa familia dáballe pena deixar aos catro gatos abandonados na aldea. Cando chegaron estaban moi asustados, pero non foi traumático porque viñan xuntos. Son moi cariñosos.

12/06/2005

É unha cadela feliz a pesar de estar no Refuxio. Ademais do cariñosa que é ten un tamaño ideal para alguén que queira un can para estar nun piso.

27/05/2005

Un home atopouna atropelada e tiña fracturadas as dúas extremidades anteriores. O seu nome débese a que non para, é moi activa. Agora está recuperada.

23/03/2005

Tiña donos pero seguramente que se perdeu debido a que é un can xa maior. Coa idade van perdendo facultades auditivas, olfactivas e visuais polo que se despistan e perden con facilidade.

09/02/2005

É filla de Leila que tivo unha camada de oito cadelos. Ela foi a única branca de toda a camada e non saímos do noso asombro xa que é a única que non atopou fogar.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña