Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

35.00Kg
Mostrando 1-12 de 32
Mostrar:  

26/02/2022

Recollido en Santiago de Compostela logo do falecemento do seu dono. É moi medroso.

13/12/2019

Recollido en Santiago de Compostela, Timbal non acaba de adaptarse ao Refuxio. É un can moi intelixente, sociable e cariñoso coa xente, pero non con outros cans.

19/09/2018

Atopado nas instalacións do AVE no concello de Boqueixón, Duque é un dos avós do Refuxio, e a debilidade de moitos de nós. Nada máis saír do seu canil vai sempre na procura das carantoñas e os arrumacos dos voluntarios antes de darse un paseo polas instalacións. É un can agarimoso, nobre e obediente e desexamos que atope canto antes un fogar.
 
Ten arredor de dez anos e entregarase con contrato de adopción, desparasitado, vacinado, con chip e esterilizado.
 

02/08/2018

Atopada en San Pedro de Mezonzo, moi boíña e algo maior. Moi obediente e paciente. Sube polo Servizo de Recollida Animal.

31/07/2018

Kily foi recollida xunto con outras catro cadelas no verán do 2018. Ela era a máis sociable de todas e así o segue sendo. É unha cadela moi activa e nerviosa, e tamén algo pesada con outros cans. Encántalle correr, pasear e é moi agarimosa coa xente. Ten unha alerxia alimentaria, polo que precisa tomar penso especial. O ideal sería que fose a única cadela da familia, ainda que non tería problemas en convivir con outro can tranquilo.      

19/10/2017

Atopado con outra cadela Pastora Alemana 602-17 MANZANA, pola madrugada na Avenida de Asrurias. Moi protector coa cadela.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña