Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2018
Mostrando 241-252 de 363
Mostrar:  

13/09/2018

Joyel é un de tantos gatiños que chegaron de cachorros ao longo do verán do 2018. Moitos foron marchando adoptados pero algúns outros, os menos afortunados e menos sociables, foron quedando sen que ninguén se fixase neles Cando chegou era bastante medroso e esquivo, de aí que ninguén se interesase nel xa que sempre había algún máis extrovertido que se facía ver. Agora, segue a ser algo reservado pero é sociable, curioso, lévase ben con outros gatos e é bastante lambón. Alguén se anima a darlle unha oportunidade? El tamén merece un fogar.      

09/09/2018

Juanitón foi recollido a finais de verán na Rúa Castaños (Santiago de Compostela) con apenas dous meses. É un gatiño moi sociable, confiado, doce, xoguetón e que se leva estupendamente ben con outros gatos. Alguén se anima a ofrecerlle un fogar? Entregarase con contrato de adopción, esterilizado, vacinado e desparasitado.        

08/09/2018

Recollida en Conxo preto dunha colonia. Moi boa, dócil e cariñosa, non é gato feral.

08/09/2018

Adoptada hai pouco devolven porque non a poden atender. É moi nova, xoguetona e cariñosa. Boa con nenos e con outros cans

03/09/2018

Foi atopada nun contedor de lixo na zona de Romaño (Santiago de Compostela). Estivo nunha casa de acollida ata agora. Xa está lista para ser adoptada. Cariñosa, doce e boa.

31/08/2018

Atopada coa sua nai en Boqueixon 490-18 Trixie, todo o contrario a súa nai, desconfiada e medosa. Sube pola Persoal de Servizos do Concello de Boqueixon.

28/08/2018

  Atopado na Carballeira Grande, apenas 2 semanas. Hai que darlle leite, típico gatiño que queda dunha camada rueira.

27/08/2018

Recollida de entre unha silveira na Avenida de Ferrol (Santiago). É sociable e está sana.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña