Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2019
Mostrando 265-276 de 336
Mostrar:  

04/09/2019

Recollida no concello de Teo xunto con outro gatiño (Litio).

02/09/2019

Recollido xunto cos seus irmáns (Duero e Sella) en Santiago de Compostela. Chegan bastante febles e parasitados. Teñen bo carácter.

02/09/2019

Recollido xunto cos seus irmáns (Sella e Cares) en Santiago de Compostela, a historia de Duero é  triste, como a de moitos outros gatiños negros que chegan ó Refuxio 😔
Duero chegou ó Refuxio o mes de Setembro do ano pasado, xunto cos seus irmáns Sella e Cares. Foron atopados por unha persoa no río Tambre, loitando por sobrevivir para non morrer afogados 😩 A persoa que os viu non dubidou en meterse na auga, rescatalos e intentar que recuperasen un pouco a calor. Aínda así, chegaron ó Refuxio hipotérmicos e resfriados, e con bastante medo. A verdade é que non tiñamos moitas esperanzas en que saísen adiante, pero por fortuna, logo duns días a tratamento e con moitos coidados, estaban xa perfectamente. Sella atopou un fogar moi rápido, e Cares tamén foi adoptado, aínda que tardou algo máis. E Duero seguiu con nós, converténdose en invisible incluso para nós... Ó principio, era un gatiño bastante desconfiado que non sabía ben o que estaba pasando pero, pouco a pouco, o seu carácter foi mudando. Agora é dos gatos máis cariñosos e adorables e ten uns ollos amarelos enormes e moi expresivos que namoran a calquera. A súa actividade favorita é pasar por debaixo das túas pernas cando estás sentado e restregarse por todo o mundo 🥰 Tamén é bastante xoguetón e ás veces emociónase e dá pequenos mordiscos, pero non fai ningún dano e el ben o sabe. E a maior parte do tempo, é como vedes no vídeo: un saquiño de mecos 🙊
Gustaríanos que a historia de Duero mudase e sabemos tamén que esta non é a época máis axeitada debido a todo o volume de gatiños que temos. Pero tamén é para que sexades consciente do que pasa cos gatiños que non saen adoptados cando chegan e que van medrando no Refuxio, sen coñecer nada máis. E por desgracia, os gatiños negros soen correr esta sorte. Así que se vos estades plantexando aumentar a vosa familia, plantexádevos darlle fogar a unha panteriña, sexa a que sexa, e cambiade o seu destino 😊
 

02/09/2019

Recollida xunto cos seus irmáns (Duero e Cares) en Santiago de Compostela. Chegan bastante febles e parasitados. Teñen bo carácter.

02/09/2019

Recollido en Santiago de Compostela, moi boíño e parece acostumado a estar con xente.

28/08/2019

Recollido na zona do Carme de Abaixo (Santiago de Compostela), bastante feble e cos olliños mal. Moi sociable e boíño.

20/08/2019

Recollida xunto ás súas dúas irmás nunha leira de Boqueixón.  Parecen estar acostumadas á xente polo seguramente sexa outra camada "non desexada" que se podería ter evitado esterilizando a nai. Teñen arredor dun mes e están empezando a comer soíñas.

20/08/2019

Recollida xunto ás súas dúas irmás nunha leira de Boqueixón. Parecen estar acostumadas á xente polo seguramente sexa outra camada “non desexada” que se podería ter evitado esterilizando a nai. Teñen arredor dun mes e están empezando a comer soíñas.

20/08/2019

Recollida xunto ás súas dúas irmás nunha leira de Boqueixón. Parecen estar acostumadas á xente polo seguramente sexa outra camada “non desexada” que se podería ter evitado esterilizando a nai. Teñen arredor dun mes e están empezando a comer soíñas.

19/08/2019

Recollida na zona de Brins (Santiago de Compostela). É noviña e algo tímida pero rapidamente colle confianza.

19/08/2019

Dama leva con nós dende o verán do 2019, logo de que a recollesen no concello de Teo, cando era apenas unha cachorriña de catro meses ???? Sabemos que a súa vida anterior non foi boa, que foi un agasallo a un menor de idade, cuxa familia descoñecía a situación.
Ó pouco de chegar, unha familia interesouse nela pero, despois dun tempo, voltou con nós xa que non remataba de adaptarse.
É unha cadela activa, e algo bruta, que vai precisar pautas para que a súa transición a un fogar sexa o máis doada posible. Porén, é moi agarimosa e xoguetona, e busca sempre o agarimo da xente.
Non é compatible con femias e, con machos, depende un pouco do outro can. Agora mesmo convive cun can tranquilo co que non ten problema, pero pensamos que o ideal sería que fose o único animal da familia.
Precisa alguén que vexa máis alá da súa raza e que estea disposta a traballar con ela para demostrarlle que merece unha terceira oportunidade, que agardamos que sexa a definitiva.
 

 

Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña