Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2008
Mostrando 289-300 de 385
Mostrar:  

23/02/2009

Aparece nunha finca en Cacheiras, dálle pena e chama a Protección Civíl de Teo e estes traen o can ó Refuxio.

23/02/2009

Atopado por un dos coidadores cando ía abrir a porta a unha parella no Refuxio. Estaba un pouco sucio pero gordiño.

21/02/2009

Dalla o dono da nai fai dous meses de cativo, o cachorro morde todo e mata unha galiña, así que decide traelo ó Refuxio.

16/02/2009

Quen llo entrega a Protección Civil di que leva dúas semana pola zona. Vese ben coidado e, aínda que ten algún carracho, está gordo e con pelo limpo.

10/02/2009

Apareceu polo tanatorio de Bertamiráns. Aínda que é medosa nótase coidada e leva colar, polo que é probable que teña dono e sexa dalgunha das casas da zona de Cantalarranas, preto a Bertamiráns.

10/02/2009

Atopado polos coidadores dentro do recinto do Refuxio, enriba dun sofá. Podería ser un dos que se escaparon cando, o día 30 de xaneiro, trouxeron un grupo de tres irmáns.

06/02/2009

É case case un teckel de pelo longo. É moi bonito cun pelo fino e suave. É novo pero é probable que non medre máis e isto, xunto co seu carácter máis ben tranquilo, pode ser ideal para un piso.

05/02/2009

Ven con outras 2 cadelas máis. A persoa que chamou levaba unha semana vivindo na casa onde se meteron. Esperou este tempo por ver se aparecía o dono pero como ninguén as reclamou chamou ao concello.

04/02/2009

Avisan ao servizo de recollida por dous cachorros. Estaban correndo pola estrada de Figueiras a primeira hora da tarde. Son moi novos e estaba chovendo moitísimo; era moi perigoso para eles e para o tráfico.

04/02/2009

Atopouno unha parella, como chovía levárono a casa, ten colar, é moi cariñoso, seguro que ten dono.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña