Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Falecido/a
Mostrando 313-324 de 423
Mostrar:  

29/10/2019

Recollida en Santiago de Compostela xunto cos seus irmáns Willy e Inca. Chegaron moi asustados pero parece que non lles custa moito coller confianza.

07/10/2019

Recollida en Santiago de Compostela, enferma e moi feble, pero agora xa está totalmente recuperada e lista para irse a un fogar definitivo. É algo tímida pero boíña.

12/09/2019

Recollido por Protección Civil do concello de Teo. Ó principio era un can MOI medroso, que non sabía o que era unha correa. Pouco a pouco foi collendo confianza e podemos ir descubrindo a súa verdadeira personalidade. É un can moi activo e ledo, e tamén algo bruto cando busca mecos. É moi boíño coa xente e xa sabe pasear coa correa, porén, é algo celoso con outros cans e quere que todos os mecos sexan para el. Por tanto, o ideal sería que fose o único can da familia, aínda que non ten problemas con cadelas.    

05/09/2019

Recollida en Santiago de Compostela. Chega moi asustada pero pouco a  pouco vai collendo confianza.

29/08/2019

Recollida en Lavacolla (Santiago de Compostela) logo de que botase varios días vagando pola zona. Moi boíña e medrosa.

23/08/2019

Recollida en Santiago de Compostela en moi malas condicións e parasitada. É maior e algo medrosa.

07/08/2019

Recollida en Outeiro de Sar (Santiago de Compostela). É moi pequeniña e precisa tomar biberón aínda, polo que se atopa nunha casa de acollida. Unha vez que comece a comer soa e se poida vacinar, precisará atopar un fogar definitivo.

05/08/2019

Recollida na zona de San Marcos xunto co seu irmá Marcelo. Son moi boíños e parecen estar acostumados a estar con xente.

26/06/2019

Recollida en Santiago de Compostela. É bastante maior e chega moi feble.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña