Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2019
Mostrando 325-336 de 336
Mostrar:  

07/06/2019

Recollida en Santiago de Compostela. Segue algo asustada, pero é moi boíña.

04/06/2019

Recollida na rúa Alexandre Bóveda (Santiago de Compostela). Moi boíña e doce.

01/06/2019

Midas chegou ao refuxio sendo un cachorriño de biberón, pero agora xa está listo para irse a un fogar definitivo. É un gatiño moi simpático, cariñoso, xoguetón, ronroneador e lévase ben con outros gatos. Alguén se anima?

28/05/2019

Recollido na rúa do Cruceiro da Coruña (Santiago de Compostela). Moi boíño.

28/05/2019

Bones chegou ao Refuxio xunto co seu irmán Albus tras seren recollidos por Protección Civil de Val do Dubra. Eran moi pequeniños e estaban bastante febles, pero agora xa están recuperados e listos para irse a un fogar definitivo, xuntos ou por separado. Son moi boíños e sociables.

28/05/2019

Albus chegou ao Refuxio xunto co seu irmán Bones tras seren recollidos por Protección Civil de Val do Dubra. Eran moi pequeniños e estaban bastante febles, pero agora xa están recuperados e listos para irse a un fogar definitivo, xuntos ou por separado. Son moi boíños e sociables.

15/05/2019

O pequeno Pinfloi foi recollido na Comisaría de Policía Local de Santiago e subido ao Refuxio a través do Servizo de Recollida Animal. Chegou bastante feble pero pouco a pouco parece que vai recuperando.

10/04/2019

Fany chegou ao Refuxio xunto coa súa nai e as súas tres irmás (Lima, Trina e Romina). Foron recollidas no concello de Teo e subidas ao Refuxio a través de Protección Civil. Eran moi pequeniñas cando chegaron pero agora xa están listas para irse a un fogar definitivo así que agardamos que alguén se fixe nelas en breve.    

10/04/2019

Trina chegou ao Refuxio xunto coa súa nai e as súas tres irmás (Fany, Lima e Romina). Foron recollidas no concello de Teo e subidas ao Refuxio a través de Protección Civil. Eran moi pequeniñas cando chegaron pero agora xa están listas para irse a un fogar definitivo así que agardamos que alguén se fixe nelas en breve.

10/04/2019

Romina chegou ao Refuxio xunto coa súa nai e as súas tres irmás (Fany, Trina e Lima). Foron recollidas no concello de Teo e subidas ao Refuxio a través de Protección Civil. Eran moi pequeniñas cando chegaron pero agora xa están listas para irse a un fogar definitivo así que agardamos que alguén se fixe nelas en breve.

10/04/2019

Lima chegou ao Refuxio xunto coa súa nai e as súas tres irmás (Fany, Trina e Romina). Foron recollidas no concello de Teo e subidas ao Refuxio a través de Protección Civil. Eran moi pequeniñas cando chegaron pero agora xa están listas para irse a un fogar definitivo así que agardamos que alguén se fixe nelas en breve.  

30/03/2019

Grey chegou ao Refuxio xunto aos seus irmáns (India, Bas, Neit e Minu) logo de que aparecesen dentro dun contedor do lixo con poucos días de vida. Son todos eles moi cariñosos e moi xoguetóns.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña