Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Tamaño grande
Mostrando 337-348 de 774
Mostrar:  

22/05/2019

Apareceu amarrada ó sinal de entrada ó Refuxio no 2019. Tiña a zona da columna queimada, sen pelo, e non sabía camiñar por superficies distintas ó cemento. Foi todo un acontecemento para ela descubrir o que era a herba fresca Ó pouco de chegar ufriu un accidente, enganchando a mandíbula nunha reixa e rompéndoa. Tivo que pasar por quirófano para solucionar este problema, e estar un mes en repouso cunha cerclaxe na boca pero, afortunadamente, todo saíu ben e quedou perfecta Portouse moi ben durante todo este tempo a pesar do incómodo da situación. Non é apta con outros cans nin con gatos, pero coa xente é un auténtico encanto e moi delicada. Cremos que xa o pasou bastante mal nos seus primeiros catro anos de vida, así que xa vai sendo hora de que saiba o que é o amor e o calor dun fogar.
Precísase licencia PPP.
 

22/05/2019

Atopado en Mourentán (Santiago de Compostela), cheo de carrachas. Algo tímido pero boíño, e non parece estar acostumado a  pasear con correa. Pouco a pouco colle confianza. Sube por medio do Servizo de Recollida Animal.

22/05/2019

Atopado no Parque da Alameda. Parece algo desconfiado pero pouco a pouco colle confianza. Sube a través do Servizo de Recollida Animal.    

19/05/2019

Atopado no Bar Talón no Castiñeiriño. Can moi cariñoso e moi ben coidado. Sube por medio do Servicio de Recollida Animal.

11/05/2019

Recollido en Nemenzo (Santiago de Compostela), onde ao parecer levaba xa uns días pola zona. Moi sociable.

12/04/2019

Recollido en Santiago de Compostela. É moi sociable e presenta unha cicatriz grande na cara.

10/04/2019

Larpeiro foi recollido por Protección Civil de Teo en Cacheiras. Chega moi asustado e delgado.

04/04/2019

Atopada en Teo na estrada xeral que vai a Santiago. Chega con moito medo e cústalle saír do remolque da Proteccion Civil. Unha vez fóra colle confianza rapidamente. Sociable e moi simpática.  
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña