Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2008
Mostrando 13-24 de 385
Mostrar:  

19/11/2018

Atopado na zona de Augasmansas en Teo, moi bo e cariñoso. Non para de subir a toda a xente buscando mimos. Sube o Refuxio pola Proteccion Civil de Teo.

07/11/2018

Atopado na Avenida Castelao, pola mañanciña. Moi gordo e en bo estado. Bo pelo e moi sociable. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

27/10/2018

Tofu foi recollido polo servizo de lacería nos arredores do Refuxio o pasado mes de outubro e obviamente non tiña chip. Ademais de ser un canciño maior, detectóuselle unha insuficiencia cardiaca da que está sendo tratado, así que nos gustaría que puidese irse canto antes a un fogar no que pasar o tempo que lle quede de vida (que agardamos sexa moito e feliz). Alguén se anima?                  

08/10/2018

Atopada en Villestro, moi boa e sumisa. Maior e parece dunha casa xa que é moi boíña. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

19/09/2018

Atopado nas instalacións do AVE no concello de Boqueixón, Duque é un dos avós do Refuxio, e a debilidade de moitos de nós. Nada máis saír do seu canil vai sempre na procura das carantoñas e os arrumacos dos voluntarios antes de darse un paseo polas instalacións. É un can agarimoso, nobre e obediente e desexamos que atope canto antes un fogar.
 
Ten arredor de dez anos e entregarase con contrato de adopción, desparasitado, vacinado, con chip e esterilizado.
 

31/08/2018

Atopada en Boqueixon, moi boíña e velliña, chega chea de rastas e nós. Moi simpática.Sube pola Persoal de Servizos do Concello de Boqueixon.

02/08/2018

Atopada en San Pedro de Mezonzo, moi boíña e algo maior. Moi obediente e paciente. Sube polo Servizo de Recollida Animal.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña