Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo longo
Mostrando 13-24 de 466
Mostrar:  

02/02/2019

Atopado na Porta do Refuxio, amarrado. Mollado e con correa e colar. Moi bo, ten medo e parece moi sumiso.

05/01/2019

Chusa foi recollida nunha colonia felina de Teo xunto con outros membros da súa familia. Sempre foi unha das nosas gatiñas menos sociables, con moito medo e sen acabar de adaptarse ao Refuxio. Insistimos en que o Refuxio non é un punto limpo ao que levar os animais que estorban, no caso das colonias debe aplicarse o método C.E.S. ou C.E.R. e non optar pola solución máis rápida e fácil, que non é a mellor para os gatos.
Nos últimos meses está bastante cambiada, segue a ser algo desconfiada pero xa non escapa cando nos achegamos e xa se deixa acariñar. Nunha casa seguramente avanzase moito máis, pero isto só sería posible se alguén decide darlle unha oportunidade.
Chusa ten arredor de seis anos e é preciosa, pero sabemos que vai ser difícil que alguén se fixe nela polo seu carácter, pero hai que intentalo. Lévase ben con outros gatos e sabemos que noutro ambiente, aínda que non chegue a ser unha gata de colo (ou igual si), si pode cambiarlle o carácter. Precisa algo de tranquilidade e paciencia. Alguén se anima? Ela tamén merece unha oportunidade.
 

22/12/2018

Atopado no Pac de San Lazaro, moi bo e sanote. Simpático e avispado. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

01/12/2018

Atopado en Marrozos, chega moi desaliñado, cheo de carrachas e con moitos nós no pelo. Esta con moito medo e parece un pouco desconfiado.

03/11/2018

Atopado no acceso do Hotel Os Abetos, chega desaliñado e con moitos nós. Moi desconfiado, chega con medo e non se fía.. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

02/11/2018

Recollido por Protección Civil en Vedra. Está moi sucio, cheo de nós nas patas pero co pelo cortado no resto do corpo. Bó e tranquilo.

25/10/2018

Atopado en Calo(Teo), Can moi bó e xoguetón con algo de medo. Sube pola Proteccion Civil de Teo.

28/05/2018

Atopada no acceso da TVG, moi boa cadela, xa entrada en idade. Chega con algún nó. Sube polo Servicio de Lacería.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña