Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

28.00Kg
Mostrando 13-24 de 67
Mostrar:  

20/08/2018

Atopado na porta de Refuxio, amarrado. Chega con moito medo, e moi sumiso, apena anda con correa.

03/04/2018

Recollido na zona de Cacheiras (Teo), bastante delgado e co pelo descoidado, Axel é un can moi intelixente, pero tamén moi inquiedo e activo. Coa xente é boíño aínda que non especialmente cariñoso, pero con outros cans (tanto machos como femias) non se leva ben polo que precisaría un fogar onde sexa fillo único, no que non haxa máis animais.  

19/01/2018

Atopado en Recesende (Teo), chega ao Refuxio a través de Protección Civil. Moi boíño.          

13/06/2016

Atopado no medio da estrada a piques de ser atropelado. Moi bó e dócil e, en xeral, en bó estado de saúde aínda que está algo delgado.

12/03/2015

Shalma foi atopada na zona de Poza de Bar (Santiago de Compostela) xunto a outro can (Jallek), ambos moi medrosos. A Shalma e a Jallek atopáronos xuntos, xuntos chegaron ao Refuxio e dende entón son inseparables. Son nobres, agarimosos e sociables tanto cas persoas como con outros cans. Levan demasiado tempo no Refuxio polo que cremos que xa merecen atopar un fogar e o que máis nos gustaría é que fose conxunto. Entregaranse con contrato de adopción, desparasitados, vacinados, con chip e esterilizados.    

21/12/2012

Leónidas é un can bo, tranquilo e paciente ao que lle gusta pasear e curosear polo Refuxio, gozando como non dese punto de independencia que o caracteriza. É un dos cans máis coñecidos e veteranos, dado que o pobre leva nada máis e nada menos que seis anos vivindo no Refuxio, e a isto hai que sumarlle a súa elevada idade, polo que nos encantaría que atopase un bo fogar canto antes. Entregarase con contrato de adopción, chip, desparasitado, vacinado e castrado.      
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña